"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Que ou quen ten a presión arterial normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notacantiformes.

    2. Peixe da orde dos notacantiformes.

    3. Orde de peixes actinopterixios, da superorde dos teleósteos, angüiliformes e coa cintura escapular conectada coas primeiras vértebras. Viven nas profundidades abisais de case todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Amigo de Rimbaud e de Verlaine, escribiu unha poesía lírica inxenua e sensual da que destacan Valentines (1886), Poésies d’Humilis (1910) e Doctrine de L’amour (1911). “Aux saints”, que escribiu mentres estaba internado nun sanatorio, é a máis destacada das súas poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a unha noz ou a unha núcula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a un núcleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Dedicado ao xornalismo, colaborou nas publicacións da época e defendeu as súas ideas liberais desde as páxinas de La Voz de Galicia, El Telegrama e a revista Galicia. Da súa produción destacan Historia de la escritura (1886), El regionalismo y la obcecación (1887), Documentos inéditos de la Villa del Caramiñal (1888), Antigüedades de Noya (1888), En las orillas del Esla (1895), Costanza (1895) e La cruz de la espada (1898). Recibiu diversos premios e foi membro honorario de moitas colectividades. Foi condecorado coa Cruz Roja de primera clase del Mérito Militar e foi nomeado cabaleiro da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta finlandés. Especialista en probas de fondo, foi o primeiro gran corredor de longas distancias do atletismo contemporáneo. Nos Xogos Olímpicos de Anveres (1920) gañou a medalla de ouro en 10.000 m, en carreira en campo aberto individual (8 km) e por equipos, e a medalla de prata en 5.000 m. Catro anos despois, en París, conseguiu o título olímpico en 1.500 m, 5.000 m e carreira en campo aberto individual (10 km) e 3.000 m, e carreira en campo aberto por equipos. Por último, nos Xogos Olímpicos de Amsterdam (1928), gañou a proba de 10.000 m e obtivo a medalla de prata en 3.000 m e 5.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de corazón, coa punta cara a abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador, xeólogo e paleontólogo alemán. Naturalizado español, ocupou a cátedra de Historia Primitiva (1922) creada para el na Universidad Complutense de Madrid. Destacaron os seus traballos en numerosos xacementos prehistóricos da Europa central e da Península Ibérica e o estudo do glaciarismo en diversos puntos de Europa. Das súas obras destacan Estudio de los glaciares de los Picos de Europa (1914), El hombre fósil (1916), Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia (1923), Las cuevas de Altamira (1928) e El hombre prehistórico y los orígenes de la humanidad (1932). Foi membro da Real Academia de la Historia (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico alemán. Está considerado un dos abandeirados da astronáutica teórica. Cursou estudos de física e de matemáticas en Múnic e exerceu a docencia de grao medio. En 1930 fixo o ensaio do foguete propulsor “Kegeldüse” no Instituto de Química Técnica de Plötzensee, axudado por Wernher von Braun. Publicou obras polémicas que serviron de base ao desenvolvemento da “V-2” alemá, e traballou, durante a Segunda Guerra Mundial, na estación experimental de foguetes de Peenemünde. Recibiu o premio Robert Esnault Pelterie-Hirsch (1930), e o premio G. Edward Pendray da American Rocket Society (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico suízo. Formouse en Karlsruhe e en París. Artista polifacético, abriu un taller de bordados en Florencia (1892), que continuou en Múnic (1894), cultivou a escultura e deseñou mobles. A súa obra reflicte constantemente un movemento ondulante propio do Jugendstil. Foi cofundador da revista Vereinigte Werkstätten für Handwerkskunst (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi ministro provincial no convento de San Juan Bautista de la Ribera, en València (1663-1666) e fundou os conventos de San Antonio de Pego e Nuestra Señora de Albacete. Escribiu Oración panegírica del beato Pascual Baylón (1668) e Doce pares de sagrados panegíricos y evangélicas oraciones, dedicados al Cordero Eucarístico y Dios Sacramentado (1681).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillerme de Ockham.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cor amarela ou amarela pálida que presenta a pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bureau International Permanent de la Paix.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de oligospermo.

    2. Secreción deficiente de esperma ou escasa cantidade de espermatozoides no esperma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta poucas sementes.

    2. Relativo ou pertencente á oligospermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Influído polo neorrealismo e o seu catolicismo, realizou Il posto (1961), E venne un uomo (1965), L’albero degli zoccoli (1978), La leggenda del santo bevitore (1988, Leone d’Oro de Venecia), Il denaro non esiste (1999) e Cantando dietro e paraventi (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Umm Durmān.

    VER O DETALLE DO TERMO