"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Duque (1597-1623) e elector de Baviera (1623-1651). Organizou a Liga Católica (1609) e derrotou a Federico V do Palatinado (Montaña Branca, 1620), o que lle permitiu anexionar o Palatinado aos seus dominios (1622) e recibir do Emperador Fernando II a dignidade de elector de Baviera (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria e emperador de México (1864-1867), irmán de Francisco Xosé I de Austria. De nome Ferdinand Maximilian Joseph, casou con Carlota de Bélxica (1857). Despois da intervención francesa en México (1862), converteuse en emperador do país, apoiado por Napoleón III e polos conservadores mexicanos. Aínda que a súa política financeira non prosperou, conseguiu restablecer as relacións diplomáticas no exterior, agás con EE UU, que trala Guerra de Secesión presionou os franceses para que abandonasen México. Cando estes se retiraron (1867), Maximiliano permaneceu no poder pero perdeu os apoios internos e ese mesmo ano tivo que renderse ás forzas republicanas en Querétaro, de xeito que B. P. Juárez recuperou o poder. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Pavia (1499-1512) e duque de Milán (1512-1515). Recuperou o ducado dos franceses pero fíxose impopular entre os seus súbditos polos impostos e a vida irresponsable que levaba. Despois da Batalla de Marignano (1515) tivo que ceder o seu ducado a Francisco I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector desde 1799, primeiro rei de Baviera (1806-1825) e duque de Zweibrucken (1795). Cedeulle a Francia as posesións da beira esquerda do Rin a cambio do recoñecemento por Napoleón Bonaparte do seu título de rei (1806). O Congreso de Viena ratificoulle o seu título ao renunciar aos territorios anexionados durante a súa alianza con Napoleón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1562) e de Hungría (1563) e emperador de Alemaña (1564-1576), fillo de Fernando I e de Anna Jagellon. Participou xunto co Emperador Carlos V nas campañas contra Francia (1544) e os protestantes (1547). Foi elixido rei dos romanos en Frankfurt (1562).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Baviera (1679-1726). Despois da morte do seu fillo Xosé Fernando en 1699, designado herdeiro de Carlos II, aliouse con Luís XIV de Francia na Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Desposuído dos seus estados trala Batalla de Blenheim (1704), recobrounos polos tratados de Rastadt (1714) e Baden (1715).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Baviera (1848-1864), fillo de Luís I. Ocupou o trono trala abdicación do seu pai e opúxose á unidade de Alemaña baixo o liderado de Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector de Baviera (1745-1777), fillo e sucesor de Carlos Alberte VIII. En 1745 renunciou á coroa imperial polo Tratado de Füssen e, ao morrer sen fillos, desencadeouse a Guerra de Sucesión de Baviera (1777-1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano polaco. De nome Raimundo, fundou a Milicia de Inmaculada e as cidades da Inmaculada en Polonia e Xapón. Foi deportado dúas veces durante a Segunda Guerra Mundial, arrestado polos nazis e trasladado a Auschwitz, onde se ofreceu para substituír na pena de morte por fame a un pai de familia. Foi beatificado en 1971 e canonizado en 1982. A súa festividade celébrase o 14 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Fundou unha abadía en Micy (Francia) e, segundo a lenda, cazou un dragón nunhas cavernas do río Loire. Na súa iconografía vai acompañado dun oso que leva a súa equipaxe. A súa festividae celébrase o 15 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso francés. Foi bispo de Tréveris (332). Presidiu un concilio en Colonia e deu hospitalidade a san Atanasio e a san Paulo. Morreu en Poitiers, pero o seu corpo foi trasladado a Tréveris. A súa festividade celébrase o 29 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Segundo algunhas fontes foi o primeiro bispo de Turín. Fóronlle atribuídas obras que deron a coñecer puntos de vista eclesiásticos e teolóxicos novos, e tamén foron interesantes as súas notas sobre as condicións sociais e relixiosas da Italia do s V. A súa festividade celébrase o 25 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Xerusalén. Perseguido durante o goberno de Galerio, participou no Concilio I de Nicea (325) e no de Tiro (335), e encargouse de convocar un en Xerusalén para salvar a Atanasio das acusacións dos arianos. A súa festividade celébrase o 5 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Secretario do Emperador Heráclito. Coñecido como o Confesor, interveu contra os monofisitas e os monotelitas. Pola súa extrema ortodoxia desterrárono ao Cáucaso, onde finou. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Asceta. Fixo proselitismo cristián entre os labregos da Tarraconense, polo que o prefecto ordenou a súa   decapitación. Para saciar a sede dos seus verdugos fixo brotar auga dun penedo. Viste roupas de asceta e como atributo leva un pao. É copatrón de Tarragona, onde se celebra o 19 de agosto. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatística que rexe a distribución dun conxunto de partículas en función dos posibles valores da enerxía tendo en conta os principios da mecánica clásica. Utilizada inicialmente para describir o comportamento dos gases ideais, fallou no caso do gas electrónico dos metais e por iso desenvolvéronse outras estatísticas, como a de Bose-Einstein e a de Fermi-Dirac. Permitiu facer unha interpretación probabilística da entropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito. Doutorado en Leis en València (1722), exerceu como catedrático nesa universidade (1723). Posteriormente foi bibliotecario (1733-1740) do Palacio Real en Madrid. Estudioso das ciencias humanas en xeral, centrouse en temas literarios e lingüísticos, que plasmou en Vida de Cervantes (1736), Orígenes de la lengua española (1737) e Retórica (1757).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi alcalde maior de Ferrol (1835), xuíz en Madrid (1836) e maxistrado en Zaragoza (1837). Foi deputado a Cortes por Ontinyent (València), ministro de Gracia e Xustiza (1843-1846) e presidente do Congreso (1848-1851). Nomeado ministro de Estado en 1854, retirouse da política durante o Bienio Progresista (1854-1856), ata que volveu ser ministro de Gracia e Xustiza (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador, pintor e debuxante. Tratou temáticas variadas arredor do home e dos seus problemas co mundo actual cun humor amargo. Evolucionou desde unhas composicións xeométricas cara a unha nova figuración. Membro da Asociación de Creadores Plásticos Compostelanos, recibiu o segundo premio e a medalla de prata na I Bienal de San Carlos (València) en 1974 e o primeiro premio e a medalla de ouro da II Trienal de Arte de Santiago de Compostela en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO