"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
CAPITAIS
Capital do land de Salzburgo, Austria (144.817 h [2001]). Situada á beira do Salzach, a cidade antiga álzase na beira esquerda do río, ao pé do Mönchsberg, coroado polo castelo. A cidade medieval xurdiu arredor do mosteiro de Sankt Peter fundado en 696 por Ruperto, bispo de Worms. Bispado (739), arcebispado (798) e principado do Imperio (1278), en 1492 expulsou aos xudeus e en 1731 aos protestantes. O principado pasou a Toscana (1803), Austria (1805) e Baviera (1809). En 1816 volveu a Austria, aínda que perdeu parte do seu territorio. Do seu patrimonio cultura e destacan a Franziskanerkirche (s XIII), a igrexa de Sankt Peter (s XII, reconstruída no s XVIII), a catedral (1614-1628), o castelo de Hohensalzburg, as salas onde se celebran os festivais de Salzburgo e a casa natal de Mozart. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria, situado entre Tirol ao O, Carintia ao S, Estiria ao L, Alta Austria ao NL e Baviera ao NO (7.154 km2; 518.580 h [2001]). A súa capital é Salzburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración anual de carácter musical que ten lugar en Salzburgo desde 1877. Interrompidos entre 1910 e 1917, desde 1927 celébranse regularmente (agás en 1945). Centrados sobre todo na figura de Mozart e a súa obra, inclúen concertos, ciclos de conferencias e, sobre todo, óperas.
-
REXIÓNS
Rexión de Austria, situada entre Estiria e Alta Austria, que pertence á alta conca do Traun, afluente do Danubio. Rexión montañosa e con numerosos lagos, deu nome aos xacementos de sal, grazas aos que se desenvolveu a cultura de Hallstatt.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
saramago.
-
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo ruso. Coñecido como Leon Baks, foi un dos fundadores do grupo Mir Isskusstva que se opoñía ao realismo dos Ambulantes. Incorporouse aos Ballets Rusos de D’agilev e realizou os decorados e figurinos de L’Oiseau de feu e Shéhérezade (1910) e La belle au bois dormant (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Participou nos movementos contrarios ao ditador António de Oliveira Salazar. En 1988 foi elixido secretario xeral do Partido Socialista Português (PSP). Candidato para as eleccións xerais de 1991, onde o PSP foi derrotado, foi substituído por António Manuel de Oliveira Guterres. Alcalde de Lisboa (1989-1996), desde 1996 é presidente da república. Escribiu A Festa de Um Sonho (1991), Um Olhar sobre Portugal (1995) e Quero Dizer-vos (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Breixo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construíuda no s XII en estilo románico, modificouse nos ss XVIII e XIX. Da primitiva construción consérvase un muro cun ventanal e canzorros. Ten unha nave rectangular e capela maior de planta cadrada, á que se accede por un arco triunfal de medio punto. A cuberta é de lousa a dúas augas na nave e a catro na capela.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Nápoles, en Campania, Italia, situada na aba occidental do Vesubio (52.807 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo da costa meridional de Arxentina, situado entre as provincias de Chubut e de Santa Cruz, entre o cabo Dos Bahías ao N e o cabo Tres Puntas ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Leningrado, Rusia (4.628.000 h [2000]). Situada no delta do río Neva, sobre 42 illas, é o principal porto de Rusia no golfo de Finlandia. Fundada en 1703, pronto iniciou unha rápida expansión demográfica, grazas sobre todo ao período en que foi capital de Rusia (1712-1918), que a converteu nun destacado centro político, comercial, industrial, cultural e científico. Fundada por Pedro I despois da vitoria contra os suecos (1703), foi un centro de comunicación entre Oriente e Occidente. Centro cultural e artístico, onde se formaron os escritores rusos máis importantes, no s XIX converteuse no centro do movemento revolucionario democrático e multiplicáronse as sociedades secretas. Alí iniciáronse os alzamentos de 1905 e de 1917. No período de 1914-1924 denominouse Petrogrado e entre 1924 e 1991 recibiu o nome de Leningrado. En 1991 recuperou o nome orixinal. Durante a Segunda Guerra Mundial foi decretado o seu bloqueo, feito que produciu a destrución da cidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Salvador de Parga (Guitiriz). De planta rectangular e dúas alturas, a fachada principal ábrese cara a un patio interior e ten un soportal no medio e unha balconada na planta superior. O acceso ao patio realízase por un portón. Conserva un escudo na fachada principal e outro na capela.
-
GALICIA
Parroquia do concello de San xoán de río. baixo a advocación de San silvestre.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, desde 1988 dirixiu o Museo e a Rede de Bibliotecas Municipais de Ponteareas e as revistas Pregón e Soberosum. Colaborador de Compostellanum, Pontenova, Castrelos e outras publicacións, publicou La fiesta de Corpus Christi en Puenteareas: su origen y evolución (1991), en colaboración con Moné Fernández, 100 anos de luz eléctrica en Ponteareas (1995), Rogelio Estévez Cambra (1999), do que foi coordinador, e Vigo medieval: a idade media (2000), en colaboración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Armandine-Aurore-Lucie Dupin.
-
PERSOEIRO
Poeta. Fundador do grupo da nova poesía moderna, publicou os seus poemas na revista Poetry, fundada por H. Anderson. Da súa produción destacan Abraham Lincoln: The War Years (Premio Pulitzer, 1940), Remembrance Rock (1948) e Complete Poems (Premio Pulitzer, 1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico inglés. Encarnou a miúdo un tipo de personaxe duro, irónico e cerebral. Dos seus filmes destacan Rebecca (1940), The Picture of Dorian Gray (1945), All About Eve (1950), polo que recibiu o Oscar ao mellor actor secundario; e The Quiller Memorandum (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO