"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Químico ruso. Estableceu unha clasificación periódica dos elementos químicos coñecidos nese momento (63), que dispuxo por orde crecente de pesos atómicos. O primeiro esbozo (marzo de 1869) foi seguido por unha clasificación máis esmerada (xaneiro de 1871), que non é moi diferente da táboa periódica moderna. Grazas a esta, púidose fixar con exactitude o peso atómico e as propiedades físico-químicas dalgúns elementos e prever a existencia doutros.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao mendelismo.
-
Aplícase ao carácter xenético que se transmite e se manifesta con herdanza alelomórfica, de acordo coas leis de Mendel.
-
-
PERSOEIRO
Político turco. En 1945 fundou o Demokrat Partisi (Partido Democrático, DP), que gañou as eleccións de 1950. Nomeado primeiro ministro (1950-1960), foi derrotado por un golpe de estado militar e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente ecoloxista e sindical. Coñecido como Chico Mendes, encabezou a reivindicación para preservar o bosque amazónico e formou sindicatos contra a sobreexplotación dos peóns. Enfrontado aos empresarios que se dedicaban á tala masiva de árbores, morreu asasinado. Acadou do goberno brasileiro o compromiso de frear a deforestación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi deputado radical (1932-1940) e colaborou con Charles de Gaulle no exilio. Foi cabeza do goberno entre 1954 e 1955, e asinou o final da Guerra de Indochina. Pasou ao Parti Socialiste Unifié (PSU) en 1959, pero non se afastou logo dos feitos de Maio do 68 e uniuse a F. Mitterrand. Retirouse da vida política en 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Barítono e escritor. Colaborador da revista Galicia, foi un dos propagandistas da música galega. Escribiu Canciones y poesías gallegas (1908), Frangullas (1910) e Celanoverías (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico da arte. Fixou a autoría e a valía do cadro do colexio dos escolapios ou da Compañía de Monforte de Lemos, de Van der Goes. Publicou Jenaro Pérez Villaamil (1921?), Galicia y su arte contemporáneo (1925) e diversos artigos, dos que destacan “El Pintor Francisco Lloréns: artistas gallegos” (1924) e “El Renacimiento Italiano en España” (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, duque de Carpio, sobriño do conde-duque de Olivares. Foi favorito de Filipe IV, que o nomeou primeiro ministro en 1644. Asinou a Paz de Westfalia (1648) e a dos Pireneos (1659), e interveu na guerra contra Portugal (derrota de Elvas, 1658).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. En 1932 ingresou na Unión Regional de Derechas da Coruña, da que foi elixido presidente (1933). Actuou de enlace entre as organizacións locais e a CEDA, formación política pola que foi deputado (1935-1936). Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1959-1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor cinematográfico. Foi un dos empresarios máis destacados nas primeiras épocas do cine en Galicia. A comezos da década de 1920 posuía unha ducia de salas repartidas por toda a península. Fundou en 1922 Celta Films, coa que produciu Un viaje por Asturias y Galicia (Rey Soto, 1923) e Maruxa (H. Vorins, 1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Foi director xeral do Instituto Social de la Marina (1983-1987), director xeral do Instituto Nacional de la Seguridad Social (1987-1993), conselleiro da Organización Iberoamericana de la Seguridad Social (1986-1993) e secretario de estado para as Administracións Públicas (1994-1995). Foi deputado por Pontevedra no Congreso polo PSOE (1993-1996) e dirixiu as revistas Mar e Noray.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e sindicalista. Militante do PSOE e UGT desde 1970, foi deputado polo PSOE no Congreso (1980-1986) e membro do Parlamento de Andalucía (1986-1987). A partir de 1986 foi elixido secretario xeral de UGT Andalucía. En 1994 substituíu a Nicolás Redondo Urbieta como secretario xeral da organización e foi elixido presidente da Confederación Europea de Sindicatos (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escenógrafo e artista plástico. Fixo escenografías e máscaras para diversos colectivos teatrais. Traballou co Grupo de Teatro Monicreques, con Titirití e co Centro Dramático Galego, e fixo as máscaras para as obras Agasallo de sombras e Os vellos non deben namorarse. En 1985 tamén realizou as máscaras para a obra Ubue no outeiro do grupo Teatro das Catro Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi xesuíta e escribiu obras relixiosas como Jesusen bihotzaren devocioa (Reflexións sobre a devoción a Xesús, 1782) e Jesusen Amore-Negueei dagotzen cembait otoitz-gai (Algunhas meditacións sobre o amor e o sufrimento de Xesús, 1759-1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen exerce a mendicidade.
-
-
Relativo ou pertencente ás ordes relixiosas mendicantes ou aos seus membros.
-
Membro dunha das ordes relixiosas xurdidas no s XIII como reacción á excesiva riqueza dos mosteiros cluniacenses e cistercienses. A súa regra impoñía a pobreza, non só dos individuos, senón tamén dos conventos polo que sobrevivían da caridade dos fieis. Distinguíronse das ordes monásticas e os máis coñecidos foron os dominicanos e os franciscanos.
-
-
-
PERSOEIRO
Princesa de Éboli, segunda princesa de Melito e segunda duquesa de Francavilla, filla de Diego Hurtado de Mendoza. Casou con Rui Gomes de Silva, primeiro duque de Pastrana e príncipe de Éboli. Dama de compañía de Isabel de Francia, encabezou, xunto con Antonio Pérez, o partido ebolista, que propugnaba unha saída negociada da rebelión flamenga e defendía unha solución federalista que respectase os privilexios de cada reino. Parece ser que tiveron negociacións secretas cos rebeldes flamengos, descubertas por Juan de Escobedo, ao que fixeron asasinar (1578). Filipe II afastouna da corte en 1579.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marqués de Montesclaros, grande de España e comendador da orde de San Xaime. Vicerrei de Nueva España (1603-1607) e de Perú (1607-1615), fomentou as obras públicas e conseguiu aumentar a produción das minas de ouro. Membro do Consello de Estado do conde-duque de Olivares, cando este reorganizou o Consello de Aragón nomeouno presidente do Consello de Facenda (1628).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador. Primeiro vicerrei de Nueva España (1535-1550) e vicerrei de Perú a partir de 1551, contribuíu a organizar o funcionamento da colonia mediante reformas administrativas e fomentando a economía. En 1536 instalou a primeira imprenta do continente americano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático grego. Foi o primeiro en separar a trigonometría da estereometría e da astronomía. Fixo a primeira definición de triángulo esférico e estableceu os fundamentos da trigonometría esférica. Na súa obra Sphaerica enunciou o teorema de Menelao, que é unha extensión aos triángulos esféricos dun teorema de triángulos planos que se coñece desde a Antigüidade.
VER O DETALLE DO TERMO