"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente ao Messiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya homónima, Alxeria (124.399 h [1998]). É o centro dunha rexión agrícola de viños e cítricos e conta cun porto exportador de la e dos produtos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (1.977 km2; 631.057 h [1998]). A capital é Mestghanem.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Taller onde se reparaba e construían as pezas de artillaría e outro tipo de armas.

    2. Conxunto de operarios que se ocupan nos estaleiros da construción e reparación de buques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro do Partido Republicano e cónsul de Guatemala e La Habana en Vigo, onde fundou o xornal ilustrado Pero Grullo (1881) e o semanario La Víbora (1887-1888). Recibiu varios premios polas súas composicións poéticas e publicou Cartas abiertas (1874), Letrillas y epigramas (1878) e La República española y las elecciones en Galicia (1886). Escribiu a peza dramática La petaca de D. Juan que non chegou a publicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e gravador croata. Naturalizado estadounidense, destacou como escultor de monumentos, desenvolvendo un estilo clasicista. Das súas obras sobresae o enorme mausoleo en conmemoración ao Soldado Descoñecido de Belgrado (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura desordenada de cousas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao metacarpo.

    2. Aplícase a cada un dos cinco ósos do metacarpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • formaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • metanauplius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larval dos copépodos, que se dá despois da fase nauplius e antes da fase adulta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia de estrutura semellante á dos andróxenos, onde os seus cristais, obtidos en acetato de etilo, se funden entre 205,5°C e 206,5°C e son insolubles en auga e solubles en disolventes orgánicos. Emprégase como anabolizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nefridio propio dos metazoos con cavidade celómica. Cada nefridio desemboca no celoma mediante un embude ciliado denominado nefrostoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ril dos réptiles, aves e mamíferos, formado por nefróns que non comunican co celoma senón que filtran os residuos do sangue e os baleiran nunha cavidade, a pelve renal, que os expulsa a través dun conduto, o uréter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao barco de carga, xeralmente de grandes dimensións, adaptado ao transporte de gas natural líquido a unha temperatura de -160°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amina secundaria que se presenta en forma de cristais de gusto amargo que se funde entre 170°C e 175°C. Emprégase como simpaticomimético e estimulante do sistema nervioso central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao metano.

    2. Aplícase a calquera hidrocarburo da serie do metano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido que se obtén por redución do ácido 3-nitrobenzensulfónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo saturado, o máis simple da serie dos alcanos, que se presenta a temperatura ambiente como un gas incoloro e non tóxico, que se fai líquido a -162°C e que se inflama a 650°C. É o compoñente principal do gas natural e do grisú, e emprégase principalmente como combustible debido ao seu elevado poder calorífico (9.510 Kcal m3). Pódese obter a partir de sulfuros de carbono e de hidróxeno e por descomposición de certos carburos metálicos. Industrialmente, as principais fontes do metano son o gas natural, o grisú, a hidroxenación do óxido de carbono en presenza de vapor de auga e a fermentación da glicosa. Ademais da súa aplicación como combustible, tamén se emprega como primeira materia en numerosas reaccións de síntese, como por exemplo para a obtención de acetileno, etileno, metanol, formaldehido e sulfuro de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio profundo na forma de pensar, de sentir e de obrar que debe facer o que acolle a relixión cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO