"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Castrelo de Cima (Riós). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte dianteira superior dunha peza de vestir como unha chaqueta ou gabán que se dobra sobre a mesma peza.
-
Parte dunha cousa que queda sobreposta a outra á que cobre parcialmente.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo e crítico literario. Discípulo de Ramón Menéndez Pidal, foi catedrático de Historia da Lingua Española. Destaca a súa obra Historia de la lengua española (1942), así como os seus traballos sobre lingüística histórica. As súas monografías sobre poetas medievais, como La trayectoria poética de Garcilaso (1948) e La obra Literaria del Marqués de Santillana (1957), representan unha análise crítica desde o punto de vista literario e filolóxico. Escribiu tamén Estudios de historia lingüística española (1985) e Generaciones y semblanzas de filólogos españoles (1998). Foi membro da Real Academia Española desde 1954 e membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o Premio Nacional de Investigación (1983) e o Premio de las Letras Príncipe de Asturias (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á locución ‘ladrón de carteiras’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘roubar (carteiras)’.
-
-
Conversa coloquial e desenfadada.
-
Cantidade pequena de algo.
-
-
-
Comer de présa e sen mastigar os alimentos.
-
Comer ou beber alimento un animal producindo un ruído característico.
-
Provocar ruído coa auga.
-
-
PERSOEIRO
Naturalista. Interesado primeiro pola mineraloxía e as técnicas metalúrxicas, decantouse despois pola botánica, en particular a pirenaica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de canais profundos separados por arestas cortantes de forma irregular e con medidas que oscilan entre un decímetro e un metro de profundidade, que se orixinan na superficie das rochas calcarias como consecuencia da erosión destas. O lapiás é unha das formas típicas da morfoloxía cárstica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artesán da época romana que tiña por oficio tallar, puír e gravar pedras.
-
-
Lousa de mármore ou de calquera outra pedra que contén unha inscrición ou unha figuración esculpida en relevo, coa finalidade de conmemorar alguhas xestas.
-
Lousa de mármore ou calquera outra pedra que pecha un sepulcro e adoita levar unha inscrición.
-
-
-
Acción de lapidar.
-
Forma de execución da pena capital, particularmente no pobo hebreo. A pena executábase fóra da cidade, e as testemuñas do feito delitivo estaban obrigadas a tirar a primeira pedra. Este sistema subsiste nalgunhas sociedades primitivas e na relixión musulmana.
-
-
-
Tirar pedras a alguén.
-
Matar a alguén a pedradas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás pedras.
-
Relativo ás inscricións gravadas en pedra.
-
Aplícase ao estilo ou ao discurso sentencioso e conciso.
-
Persoa que ten como oficio tallar, puír e gravar pedras e xemas ou comerciar con elas.
-
Artesán que grava inscricións no mármore ou na pedra.
-
Nome dalgunhas obras medievais, inspiradas a maior parte no Liber lapidum seu de gemmis de Marbode, que describen as pedras preciosas e as súas virtudes sanadoras, para uso dos médicos.
-
Instrumento que se emprega para puír pedras preciosas.
-
-
-
Que é da natureza da pedra.
-
Que presenta as calidades da pedra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos animais que viven ou que fan os niños entre as rochas ou os rochedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de lapidificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Converter en pedra ou dar a unha substancia a consistencia da pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu na Coruña. As súas armas traen, en campo de sinople, cinco seixos de prata, postos en aspa. Outra variante leva, en campo de azul, dúas árbores de ouro.
-
GALICIA
Cura e guerrilleiro. Foi revisor de Gracia e Xusticia e presidente da Academia de Cánones de Santiago de Compostela. En Muxía, ao inicio da invasión francesa, dirixiu a xunta permanente do seu partido xudicial e comandou as tropas que se enfrontaban cos franceses na defensa de Corcubión. Cesado e perseguido, refuxiouse en Vigo e incorporouse á División do Miño coa que participou na Batalla de Ponte Sampaio. Na década de 1820 foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e provisor.
VER O DETALLE DO TERMO