"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Relixioso. Estivo á fronte das parroquias de San Tomé de Maside (1835-1846) e Santo Eusebio da Peroxa, e en Monforte de Lemos e en Ourense desempeñou a docencia. É autor de El error y la razón teológica (1857) e do manuscrito Poema de la religión en seis cantos (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Especialista en urbanismo, foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela. Escribiu distintas obras en colaboración con outros autores, entre as que destacan Santiago de Compostela, 1850-1950, desenvolmento urbano, outra arquitectura (1989), Transformaciones del espazo público en el XIX (1991) e Santiago de Compostela: arquitecturas del siglo XX (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. O seu estilo foi ecléctico, pero as súas obras reflicten o seu tempo coa preponderancia do estilo racionalista. En Galicia destacan o edificio da Escola de Mestría (1959) e o da Escola de Maxisterio (1968), ambos os dous en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Foi ministro de Mariña (1939-1945 e 1951-1957) e comandante do buque-escola Juan Sebastián Elcano. Conspirou contra a República e contribuíu de forma decisiva á toma de Ferrol en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela. Traballou na catedral de Lugo desde 1943 a finais da década de 1960. Doutor en Filosofía e Teoloxía, pola Universidad Pontificia de Comillas, especializouse en música con Nemesio Otaño ou Xosé Ignacio Prieto e reorganizou a Schola Cantorum do seminario, onde impartiu o ensino musical. Da súa produción destacan oito lieders sobre textos de Rosalía de Castro, premiados en Pontevedra no I Festival da Canción Galega (1960); dentro da música sacra Ecce Panis, Tu es Petrus, Estrella del Mar, Señor Sacramentado e Misa Peregrini; no aspecto profano compuxo Rapsodia abulense, Esta gaitiña que eu toco e moitas pezas polifónicas que están baseadas en melodías galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte. As súas preocupacións políticas reflíctense nos seus estudos sobre arte contemporánea, dos que destacan La última vanguardia (1967) e Autocrítica del arte (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e profesor. Estudou o federalismo e o obreirismo en Galicia. É coautor de Textos e materiais para a historia de Galicia, A Primeira Internacional en Galicia (1868-1874) e Ideologías y partidos políticos en Galicia (1834-1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Discípulo de Conrado del Campo, a súa produción sinfónica comprende a Simfonia d’estampes llevantines, a Sinfonía Esopo (1972) e varias obras de cámara. Recibiu o Premio Nacional de Música en 1928 e 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Formouse con Carlos Chávez e presidiu a Asociación Musical Manuel M. Ponce. Investigador especial do Instituto de Investigaciones Estéticas da Universidad Nacional Autónoma de México, especializouse no estudo do academicismo e o romanticismo artístico. Da súa produción destacan a ópera Severino (1961), a monografía Antonio Fabrés (1977) e o ensaio El sentimiento de la música (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Fundou o xornal El Compostelano (1920-1946) e foi deputado por Santiago de Compostela (1920-1923). Publicou Moción sobre un proyecto de empréstito municipal (1911) e El empréstito municipal de Santiago (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Debutou no ámbito literario con O cable inglés (premio Café Dublín de Narrativa Breve, 1995). Publicou o libro de relatos Matar a Kerenski (1998), obra formada por sete historias, tres delas recoñecidas co Pedrón de Ouro do Premio Modesto R. Figueiredo, e a novela Reminiscencias de Bob Dylan (2000), obra ambientada no Vigo de finais da década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico italiano. Nas súas creacións ironiza sobre diversos aspectos de si mesmo, dos seus amigos e da sociedade e da clase política italiana en xeral. Da súa filmografía destacan La sconfitta (1973), Io sono un autarchico (1976), Sogni d oro (1981), Palombella rossa (1989), Caro diario (1993, Premio á mellor dirección no Festival de Cannes), La stanza del figlio (2001, Palme d or no Festival de Cannes) e The Last Costumer (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hábito morboso de tomar morfina, que se manifesta por un aumento da tolerancia do fármaco e pola necesidade de continuar baixo os seus efectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece de morfinomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Montevideo entre o 15 de setembro de 1919 e o 1 de abril de 1920. Editouse co subtítulo “Boletín oficial de la unión Hijos de Morgadanes Residentes en el Plata”. De periodicidade irregular, só apareceron tres números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. Foi reedificada en 1920 e conserva restos da fábrica románica anterior, como as fachadas. No seu interior destaca a imaxe de San Tomé de época barroca. Na fachada principal ten catro arquivoltas con decoración xeométrica. A fachada N ten un axadrezado e o tímpano un rosetón e sete brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de distancia entre dous xenes que se emprega na elaboración de mapas xenéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding financeiro estadounidense creado en 1968. En 1959 J. P. Morgan and Co fusionouse co Guaranty Trust Co e constituíuse o Morgan Guaranty Trust Company of New York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lóxico inglés. Tratou, desde o punto de vista filosófico, os conceptos de número e magnitude. As súas contribucións máis importantes foron no campo da lóxica simbólica e, xunto con G. Boole, pódese considerar o impulsor desta nova corrente durante a primeira metade do s XIX. Traballou na fundamentación da teoría das relacións e na explicación das bases sobre as que posteriormente se construíu a lóxica matemática. Publicou Elements of Arithmetic (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO