"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Psicólogo. Traballou na University of Bristol, foi un dos fundadores da psicoloxía comparada e estableceu o canon de Morgan (1894), onde afirmou que ningunha actividade animal debe interpretarse en termos de procesos psicolóxicos superiores mentres se poida facer cos inferiores da escala evolutiva. Da súa produción destacan Animal Life and Intelligence (1890-1891), Introdution to Comparative Psychology (1894) e The Animal Mind (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Corsario. Elixido almirante polos bucaneiros en 1666, dirixiu unha expedición (1668) que destruíu Puerto Príncipe (Camagüey) e Portobelo, e outra en 1670 que se apoderou da cidade de Panamá. Carlos II de Inglaterra nomeouno lugartenente xeral de Xamaica (1674), cargo do que o desposuíron en 1683 por abuso de poder.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro estadounidense. Continuou a obra iniciada polo seu pai, Junius Spencer Morgan (West Springfield, actual Holyoke, Massachusetts 14.4.1813-8.4.1890), coa creación do banco J. P. Morgan and Co, grazas ao que se introduciu no financiamento das primeiras industrias estadounidenses. Superado o período de posguerra, en que foron combatidas as prácticas monopolistas, o grupo reapareceu na década de 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leis dadas, en lóxica de enunciados, polas equivalencias seguintes: non (P e Q) = (non) P ou (non) Q, e non (P ou Q) = (non P) e (non Q); e en teoría de conxuntos, lei dada polas igualdades qAq3qB =qA Symbol >∪ qB e qAq Symbol >∪ qB= qA3qB, onde as barras indican os conxuntos complementarios. As leis de Morgan cúmprense en calquera álxebra de Boole.
-
PERSOEIRO
Etnólogo. Foi un dos principais representantes da teoría evolucionista no terreo da antropoloxía cultural. Estudou a evolución da familia, o matrimonio, a propiedade e o estado a través das épocas e os pobos, e afirmou que hai tres etapas culturais que marcan o progreso da humanidade, o salvaxismo, a barbarie e a civilización. Escribiu Ancient Society (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Simone Roussel.
-
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. Estudou na Universaty of Kentucky e na Johns Hopkins University de Baltimore, onde se doutorou (1890), e foi profesor de zooloxía no Bryn Mawr College de Pennsylvania (1891-1904), na Columbia University (1904-1928) e no Instituto Tecnolóxico de California. A partir dos seus estudos xenéticos con Drosophila melamogaster, ideou a teoría cromosómica da herdanza e estableceu o primeiro mapa cromosómico dunha especie. Das súas obras destacan Evolution and adaptation (1903), The physical basis of heredity (1919) e Theory of the gene (1926). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1933) polos seus descubrimentos do papel dos cromosomas na herdanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo estadounidense. Foi autor dunha clasificación para as galaxias que incluíu o tipo espectral, e a forma e orientación da galaxia respecto á liña de visión desde a Terra. Fixo tamén importantes achegas ao estudo das galaxias ricas en estrelas novas (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe lendario da tradición céltica e do ciclo da Táboa Redonda. Nos mitos británicos é a inimiga do Rei Artur e algunha lenda afirma que foi ela quen roubou a espada Escalibur. Apareceu por primeira vez en Vita Merlini (1151?), de Geoffrey de Monmouth, como unha feiticeira que tiña a capacidade de curar as feridas do seu medio irmán, o Rei Artur. Presente en toda a literatura cabaleiresca posterior, deu nome ao fenómeno da fata morgana, provocado pola refracción anómala da luz na atmosfera nas proximidades da terra.
-
-
Aplícase ao matrimonio dun soberano ou un príncipe cunha persoa de rango inferior.
-
Aplícase á persoa de rango inferior que casaba cun príncipe ou un soberano. Esta unión podía levar á perda dos dereitos á coroa dos contraentes e dos seus descendentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade do berilo de tonos rosados.
-
REXIÓNS
Rexión do S de Gales, Reino Unido. Administrativamente está dividida nos condados de Canol Morgannwg, capital Merthyr Tydfil (55.800 h [estim 2000]), Morgannwg, capital Cardiff (327.500 [estim 2000]) e Gorllewin Morgannwg, capital Swansea (230.300 h [estim 2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edward Williams.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘chourizo’.
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi precursor do surrealismo cos seus particulares versos sen sentido. Da súa produción destacan Galgenlieder (Cantos do patíbulo, 1905), Einkehr (Parada, 1910) e Stufen (Chanzos, 1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tipógrafo inglés e historiador da caligrafía e da tipografía. Traballou en varias imprentas, editoriais e revistas de tipografía, foi asesor tipográfico da Monotype Co (desde 1922), da Cambridge University Press (desde 1925) e do Times londinense. Racionalista, concibiu a tipografía como unha arte ao servizo da civilización, para dar unha forma graficamente racional ao texto dentro do marco flexible da tradición. Desenvolveu un vasto programa de traballo na Monotype Co, e promoveu a creación dunha vintena de tipos (1922-38), como o Times New Roman.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Pintor. Combinou a paisaxe, influído pola escola holandesa do s XVII, e a escena de xénero na maior parte das súas obras, aínda que tamén cultivou o retrato. Destaca Interior of a stable (1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mormentelos (Vilariño de Conso). Ten planta bastante irregular formada por dous rectángulos unidos por un corpo máis baixo cunha galería que foi tapiada. Presenta solaina na parte traseira e unha capela encaixada na fachada principal, que ten unha espadana e un escudo sobre a porta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anthonis Mor van Dashorst.