"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica terapéutica en que se utilizan raios láser. O seu uso máis estendido está na prevención e no tratamento do desprendemento de retina en enfermos diabéticos.
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Xallas que nace e desemboca na parroquia de Alborés (Mazaricos).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista francés. Coñecido co nome latino de Faber Stapulensis, foi aristotélico no sentido humanista e viaxou a Italia, onde tratou con Barbaro e Pico della Mirandola (1492). A súa afección polos místicos levouno a editar as obras do pseudo-Dionisio e de Nicolao de Cusa, ademais das de R. Llull, como o Liber contemplationis, o Clericus, o Phantasticus, o Liber natalis e De amigo e amato. Posteriormente consagrouse aos estudios bíblicos e aos tratados de crítica neotestamentaria. Como Erasmo, pertenceu ao movemento reformista pretridentino dentro da Igrexa católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recurso retórico que consiste en repetir a mesma palabra no final dun verso ou estrofa e no comezo do seguinte, ou na repetición do mesmo verso no fin dunha estrofa e no comezo da outra que segue, ben inmediatamente ou a través doutra estrofa interposta. Este proceso de articulación estrófica é fundamental na configuración paralelística, sobre todo na cantiga de amigo por estar máis ligada á tradición popular. Normalmente a segunda estrofa repite o texto da primeira agás as palabras de rima, que mudan de orde ou son substituídas por un sinónimo; a terceira estrofa comeza repetindo o segundo verso da primeira e termina cun de nova creación que rima con aquel, a cuarta realiza a mesma operación co segundo verso da segunda, e así sucesivamente ata un máximo de oito estrofas, que dan paso ao refrán. As rimas (adoito asonantes) alternan os pares í-o, í-a, á-o, á-a e sitúan nesa posición un número restrinxido de termos que se repiten, como amigo, amado, desmentido, perjurado ou enamorado,...
-
PERSOEIRO
Matemático e enxeñeiro ruso. Realizou importantes estudios matemáticos e mecánicos. Desenvolveu unha teoría xeral da estabilidade e da regulación de sistemas non liñais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Colaborou inicialmente co seu pai, Francisco Llanos Mas. Ademais de traballar para Faro de Vigo, organizou o seu propio estudo na rúa Policarpo Sanz, en Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Gales (1194-1239). Achegouse aos baróns ingleses que se opuñan a Xoán sen Terra. En 1215, na Carta Magna, fixo recoñecer a este os dereitos dos galeses. En 1238 ingresou como monxe nun mosteiro do Císter. Á súa morte case non quedaron establecementos ingleses en Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Gales (1258-1282), neto de Llewelyn I. En 1267 fíxose recoñecer príncipe de Gales polos ingleses. Someteu os príncipes galeses do N, pero foi finalmente derrotado polos ingleses. Ao negarlle a homenaxe a Eduardo I de Inglaterra, este atacouno e, tras vencelo, impúxolle o duro Tratado de Conway (1277). Coa súa morte rematou a independencia de País de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Gales, neto de Llywelyn ap Iorweth (1173-1240). Obrigou a Enrique III de Inglaterra a que o recoñecese príncipe soberano de Gales. En 1276 loitou con Eduardo I de Inglaterra a quen lle negou a homenaxe. Foi derrotado en 1277 e en 1282 volveu rebelarse cos outros nobres galeses, pero morreu na revolta, co que se puxo fin á independencia galesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escultura da loba que, segundo a tradición, amamantou a Rómulo e Remo e que se converteu no emblema da cidade de Roma. A que se conserva no Musei Capitolini de Roma é de época etrusca (s V a C) e os xemelgos foron engadidos no Renacemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xaponesa fundada en 1952, que centrou a súa actuación no financiamento e no fomento da industria do país.
-
RIOS
Río de África central que sinala a maior parte da fronteira oriental da República Democrática do Congo con Zambia (1.000 km). Nace ao S do lago Bangweulu e desemboca no lago Mweru, do que xorde co nome de Luvua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zambia (50.567 km2; 526.705 h [1990]). A súa capital é Mansa (34.801 h [1980]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Battista Lulli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Benedicto XIII.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Amapá, Brasil, situado ao N da desembocadura do Amazonas (270.077 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón orixinario de Madapollam (Hindustān), que se une con tafetá e que se branquea. É de mellor calidade ca o percal e emprégase para a roupa interior branca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dun transtorno mediante a aplicación de campos magnéticos.
-
PERSOEIRO
Poeta. Exaltou a Antigüidade e os ideais humanistas. Próximo ao naturalismo, intimista, paisaxista e amante da natureza, consideraba que a poesía era unha necesidade espiritual da humanidade. Escribiu Dve sud´by (Dous destinos, 1845), Mašen’ka (1846), Očerki Roma (Esbozos de Roma, 1847) e Neapolitanskij al’bom (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curzio Suckert.