"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Economista, empresario e político. En 1972 presidiu o Banco Central de Honduras (BCH) e coordinou o Gabinete Económico, encargándose de supervisar as medidas de axuste económico pedidas polo Fondo Monetario Internacional. Foi elixido en 1993 deputado ao Parlamento Centroamericano (Parlacén) e nomeado presidente da República de Honduras o 27 de xaneiro de 2002 polo Partido Nacional (PN), substituíndo a Carlos Flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación de tempos que esixen unha interpretación solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolás Tierry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo, que comprende parte dos concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo. Conta cun total de 20 parroquias, das que 11 son matrices e 9 anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1900 e que cesou en 1901. Subtitulouse “Revista semanal de enseñanza” e estivo dirixida polo inspector de ensino primario Xerardo Álvarez Limeses. Substituíu o Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza como revista profesional de maxisterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Ourense a partir do 1 de novembro de 1902 e que cesou entre 1908 e 1909. Subtitulouse “Revista decenal dedicada a la Primera Enseñanza pública, oficial y no oficial”. Estivo dirixida por Anxo Ferrín Moreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Ourense a partir de 1925 e que cesou ao redor de 1936. Dirixida por Xosé Álvarez Vázquez, apareceu baixo o subtítulo “Revista pedagógica”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que se publicou en Pontevedra a partir do 15 de abril de 1885 e que cesou no mesmo ano (nº13). Apareceu co subtítulo “Periódico quincenal de primera enseñanza” e entregouse cos cadernos dunha obra publicada co mesmo nome e que se dedicaba aos mestres españois máis distinguidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ingresou na orde franciscana (1897) e colaborou en El Eco Franciscano. Escribiu Escuela Nocturna Obrera Gratuita. Su valor social (1928) e Presentación de nuestras banderas (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito de América do Sur, descuberto por Fernão de Magalhães en 1520, que separa o continente sudamericano de Tierra del Fuego e comunica o Océano Atlántico co Océano Pacífico. O único porto é Punta Arenas (Chile).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación iconográfica de Cristo en maxestade, inscrito nunha mandorla, sentado no trono e bendicindo a mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito de Indonesia que separa as illas Célebes de Borneo e une o mar de Célebes co mar de Flores (250 km de ancho e 700 km de longo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista ucraíno. Durante a revolución de 1917 foi o presidente do soviet de campesiños e obreiros de Ucraína. Iniciou un conflito armado cos bolxeviques en marzo de 1919 e, trala súa derrota, refuxiouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa a península de Malacca da illa de Sumatra. É a principal vía de comunicación entre o Océano Índico e o Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre italiana establecida en Rimini. As súas orixes remóntanse a Malatesta , un propietario de Montefeltro do s XII. Os membros desta familia foron partidarios dos güelfos e estiveron dirixidos por Malatesta I da Veruchio (?-1248), que tiña a potestade de Rimini e polo seu fillo Malatesta II o Mastín Vello, que se apoderou de diversos territorios da Romagna e das Marcas. Ao longo de diversas sucesións, os Malatesta obtiveron do papa, en 1392, a investidura perpetua dos Estados Pontificios. Diversas rivalidades familiares culminaron nunha perda gradual do poder e a aceptación dunha total dominación pontificia durante o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista italiano. Amigo e discípulo de Bakunin, participou en diversas insurreccións campesiñas. Despois de permanecer no exilio, en 1919 regresou e foi cabeza do novo movemento anarquista. Foi membro da Primeira Internacional desde 1872.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou sensación de quen non se atopa ben física ou moralmente.

    2. Sensación de desagrado, inquietude ou desgusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista francés. Na súa obra Traité de cristallographie géométrique et physique formulou unha teoría orixinal para explicar as propiedades ópticas dos cristais. Recibiu a Légion d’Honneur (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos puntos onde as vénulas desembocan nas veas do bazo.

    VER O DETALLE DO TERMO