"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile popular arxentino en 6/8 e 3/4, de ritmo vivo e ton festivo, no que participan normalmente dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carmen Fernández Chacón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico brasileiro. Autor de estudios básicos sobre enfermidades tropicais, descubriu en 1919 o Trypanosoma cruzi, axente causante da tripanosomiase americana ou enfermidade de Chagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Dirixiu as orquestras máis importantes de Europa e América. A súa actividade está vinculada, sobre todo, ao Teatro Comunal de Boloña e á Royal Concertgebouw Orchestra de Amsterdam da que é director titular desde 1988, en substitución de Bernard Haitink.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntar e rozar as pernas ou as patas ao camiñar, especialmente as vacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundouna cerca de Dijon (Borgoña) Filipe o Atrevido de Borgoña en 1383. Serviu como panteón familiar e foi destruída en gran parte en 1793. Construída por Drouet de Dammartin, realizou a súa decoración Claus Sluter. No Musée des Beaux-Arts de Dijon consérvanse obras procedentes desta cartuxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Queimar superficialmente unha cousa.

    2. Queimarse superficialmente unha cousa.

    3. Retorcerse e secarse as follas dos tubérculos ou doutras plantas pola excesiva calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica india dos períodos épico e puránico (600 a C-1200 d C) coñecida polo nome do seu lendario fundador Chārvāka, que reuniu tendencias negativistas e materialistas. Polo que respecta ao aspecto relixioso, os chārvāka negaban o transcendente; en canto á filosofía, establecen como único coñecemento válido o que provén dos sentidos e, no tocante á ética, pódense caracterizar como hedonistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expoñer ou expoñerse unha cousa ou unha persoa á acción do lume ou do sol ata acadar unha cor morena ou escura, pero sen chegar a queimarse. Ex: A madeira húmida chascou, pero non chegou a arder. Estivemos desde a mañá cedo na praia e chascámonos.

    2. Comezar a queimarse algunha vianda no forno, na cazola, na tixola ou noutro recipiente por estar sometida a un lume excesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son que se produce ao fretar as cunchas da vieira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Discípulo de Manuel Ponce, fundou e dirixiu a Orquesta Sinfónica de México (1928-1948) e foi director do Conservatorio Nacional (1928-1933). A súa produción pertence á tradición nacionalista e comprende ballets (El fuego nuevo, 1921 e Los cuatro soles, 1926), obras sinfónicas (Sinfonía proletaria, 1934; Obertura republicana, 1935 e Sinfonía india, 1936) e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar algo a rentes, principalmente as raíces dos tubérculos ou as pólas das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baleirar a auga que entrou nalgún lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou na Armada moi novo e participou en diversos enfrontamentos e combates durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1839), como a Batalla de Bilbao (24.12.1836) ou o ataque e a capitulación de Irún e Fuenterrabía (17 e 18.12.1837). Bloqueou os portos de Cartagena, Alacant e Barcelona (1844) ao mando do bergantín Nervión, durante a sublevación centralista. Nomeado vicepresidente do almirantado (1873), recibiu pouco despois o título de comandante xeral da escuadra do Mediterráneo coa misión de combater a insurrección cantonalista. Desempeñou tamén a comandancia xeneral de Ferrol, de Cartagena, e La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tocar unha cousa con outra rozándoa lixeiramente.

    2. Bater coa billarda no palán cando se lanza a distancia. Este lance no xogo da billarda resulta favorable para quen o consegue.

    3. Pingar o ubre da vaca.

    4. Xemer os animais.

    5. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘comer’.

    VER O DETALLE DO TERMO