"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • GALICIA

    Realizador e editor de vídeo. Desenvolveu parte do seu traballo videográfico para o Concello de Santiago de Compostela, a Dirección General del Patrimonio Artístico e as consellerías de Pesca e Obras Públicas. Ademais, elaborou diversos documentais para Video-Voz, que foron emitidos pola TVG. Publicou Color y Arquitectura e Correa Corredoira, pintor. Gañou o primeiro premio no Concurso de Guións do Concello de Fene (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘pelo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás meliáceas.

    2. Planta da familia das meliáceas.

    3. Familia de árbores, da orde das sapindais, que comprende unhas 1.000 especies, propias dos países tropicais. A esta familia pertence o xénero Swietenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás meliantáceas.

    2. Planta da familia das meliantáceas.

    3. Familia da orde das sapindais composta por plantas leñosas de follas alternas imparipinnadas, de flores hermafroditas pentámeras e de froitos en cápsula loculicida. Son propias da África central e meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Baseou a súa obra, chea de fantasía, na utilización de trucos cinematográficos. Realizou máis de 4.000 filmes, dunha duración de entre 1 e 15 minutos, onde presentaba historias imaxinativas e fantásticas. Entre os seus filmes destacan La voiture du potier (1896), Le voyage dans la lune (1902), A la conquête du Pôle (1912) e Le voyage de la familie Bourrichon (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como George Balanchine, cada unha das súas coreografías realizábase harmoniosamente en estreita relación coa música. Actuou no Ballet de D’aghilev e no Ballet Ruso de Montecarlo, e en 1934 instalouse en Nova York. Fundou a School of American Ballet e o New York City Ballet (1948). Das súas coreografías, de estilo neoclásico, destacan The Nutcracker (1954) e Don Quixote (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea que se caracteriza por unha hiperostose e que ocupa toda a lonxitude dun membro, en forma de goteo ou de gotas de cera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi misioneiro no colexio franciscano de Ocopa (Perú). Froito das súas exploracións escribiu dous diarios, publicados posteriormente cos títulos de Diario que el P. Mateo Méndez, predicador apostólico, y el hermano donado Antonio Arias Rodríguez (...) e Diario que el P. Predicador Apostólico Fr. Mateo Méndez, misionero del Colegio de Santa Rosa de Ocopa y presidente (...).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de menear ou menearse.

    2. Golpe que se dá a algo ou alguén e que provoca unha sacudida ou un pequeno movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei mítico de Atenas, fillo de Péteo, descendente de Erecteo. Segundo a Ilíada, foi un dos guerreiros que, despois de esconder o cabalo de madeira, participou no saqueo da cidade de Troia. Posteriormente reinou en Melos cando morreu o Rei Polianacte, e atribúeselle a fundación da colonia de Escilecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás meniantáceas.

    2. Planta da familia das meniantáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das solanais, constituída por unhas poucas especies de herbas perennes acuáticas, de follas alternas, de flores pentámeras e actinomorfas e de froitos capsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás meninxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás menispermáceas.

    2. Planta da familia das menispermáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das ranunculais, cunhas 400 especies en países cálidos, a maioría delas lianas dioicas, de follas simples e alternas, flores cíclicas, actinomorfas e trímeras, e froitos en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo meo.

    2. Individuo do pobo meo.

    3. Pobo de Indochina  que habita nas áreas do N de Vietnam e Laos. Practican unha agricultura baseada no arroz, no millo e nas patacas doces. O gando bovino e porcino é un complemento importante da súa subsistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista inglés. Escritor dunha gran penetración psicolóxica e unha visión moi subxectiva da vida, iniciouse na poesía coa compilación Poems (1851), á que seguiron Modern Love (1862) e Ballads and Poems of Tragic Life (1887). Das novelas destacan The Ordeal of Richard Feverel (1859), Vittoria (1867) e Egoist (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Cléo de Mérode, foi alumna de Mile Theodore. En 1888 debutou na Opéra de París, para pasar anos máis tarde ao Folies-Bergère, onde creou o espectáculo Lorenza. Ao retirarse publicou as súas memorias Le ballet de ma vie (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos francos (448-458?). Deulle nome á primeira dinastía e hai textos tardíos que falan da súa participación na vitoria de Aecio sobre Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos (451), pero dubídase da súa verdadeira existencia histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO