"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Compañía de danza contemporánea creada en 1985 pola coreógrafa e bailarina Ángels Margarit. Debutou co espectáculo Mudances no Festival de Teatro de Tàrrega e das súas obras destacan Kolbebassar (1988), Suite d’estiu (1994), Peces Mentideres (2000) e Origami (2002). Recibiu o Premio Nacional de Danza (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Manchuria, no sheng de Heilongjiang, China (571.705 h [1990]). Está situada na rexión do Norte, no SL de Harbin e foi creada coa apertura do ferrocarril transiberiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mudar ou mudarse.

    2. Alteración que sofre algo ou alguén, especialmente cando se refire ao cambio de actitude ou pensamento dunha persoa.

    3. Acción de trasladar mobles ou outras cousas dunha casa ou local para outro.

    4. Conxunto de movementos que se fan ao compás nos bailes e danzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Esquiador de fondo alemán. Naturalizado español, gañou a Copa do Mundo 1999-2000 e quedou segundo na de 2000-2001. Ademais, foi subcampión do mundo en persecución (2001) e campión do mundo en 50 km estilo libre (2001). Gañou tres medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno de Salt Lake City (2002), nas probas de 20 km persecución, 30 km estilo libre e 50 km estilo clásico. O COI retiroulle as medallas por dopaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Toén. De estilo plateresco,   foi mandada construír polo abade Bartolomé García de Bahamonde (1570-1580). A fachada está realizada en estilo herreriano e conta con dúas torres de planta cadrada. No interior destaca a decoración pitórica, atribuída ao demominado pintor de Banga que representa unha iconografía completa coa natureza da alma, por unha banda, e a esfera dos vivintes, por outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Granada (1231-1272). De nome Muḥammad ibn Yūsuf ibn Na ṣ r, foi o primeiro monarca da dinastía nasarita. Declarouse independente dos almohades, e despois de conquistar Guadix, Jaén e Baza, proclamouse emir de Al-Andalus. Iniciou a construción da Alhambra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado no Ulster (1.295 km2; 51.313 h [1996]). A súa capital é Muineachán (6.047 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nos seus inicios destacou como debuxante e a mediados da década de 1980, adoptou un estilo expresionista. A súa obra evolucionou cara a un estilo neohumanista con influencias románticas e mesmo cara á abstracción. Ademais de cultivar os formatos pitóricos convencionais, realizou murais e gravados. Foi un dos fundadores da Galería Gruporzán na Coruña (1985). Realizou Los deseos e Presencias 2, a serie Travesía á illa dos mortos (1986) e Del diario del poeta I (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi misioneiro en Marrocos e escribiu tratados histórico-descritivos sobre Marrocos nas publicacións El Eco Mauritano, El Compostelano, España en África e El Eco Franciscano. Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Destaca a tipoloxía construtiva pola situación da torre integrada na fachada, que forma na base un pórtico con arcos de medio punto, co corpo superior cúbico e a torre das campás octogonal rematada en pirámide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Santiago de Compostela a partir de maio de 1937. Promovida pola Unión Diocesana e co patrocinio das mulleres de Acción Católica de Santiago de Compostela, saíu cada mes e incluíu artigos de opinión sobre a muller, a familia e a moral católica, a liturxia e unha relación das actividades da diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Novelista dos anos escuros de Arxentina, parte da súa obra está marcada polas influencias de Eça de Queirós, Virginia Woolf e Marcel Proust. Iniciou o seu labor literario con libros sobre aspectos históricos, como Glosas castellanas (1936). Ademais das súas traducións de P. Marivaux, Molière, Racine e Shakespeare, publicou Aquí vivieron (1949), Misteriosa Buenos Aires (1951), Los viajeros (1955), Invitados en el Paraíso (1957), Bomarzo (1962), unha das máis recoñecidas en Europa; El unicornio (1965), El laberinto (1974), El gran teatro (1979) e El escarabajo (1982). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1963) e a Legion d’Honneur (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario checo. Cofundador, xunto a Mathesius, do Círculo Lingüístico de Praga e expoñente do estruturalismo, defendeu unha única teoría que aplicou aos seus estudos sobre literatura checa. Centrouse nos aspectos máis estéticos da obra literaria, aínda que a partir de 1948 adoptou as consignas literarias do stalinismo e renegou da súa obra anterior. Da súa produción destacan Estetická funkce, norma a hodnota jako sociálni fakty (Función norma e valores estéticos baseados en feitos sociais, 1936) e Estudos de estética (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito da rexión Meridional de Malawi (2.056 km2; 428.322 h [1998]). A súa capital é Mulanje (3.001 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico neerlandés. Foi un dos fundadores da química agrícola, xunto con Justus von Liebig e Jean-Baptiste Boussingault. En 1839 acuñou o concepto de proteína e efectuou o primeiro estudo sistemático das proteínas e dos aminoácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (173.837 h [2000]). Situada na rexión do Ruhr, foi un centro carbonífero importante desde a Idade Media. É a sede do instituto Max-Planck-Gesellschaft para a investigación do carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, realizador e guionista cinematográfico escocés. Despois de dirixir diversas curtametraxes e participar nalgunhas representacións teatrais da compañía Wildcat Theatre, estreouse na gran pantalla da man de David Leland en Crossing the Line (1991). Posteriormente, elaborou o guión e protagonizou Orphans (1997) e The Magdalena Sisters (2002, Leone d oro da Mostra de Venecia). Como actor tamén participou en Trainspotting (1995), Braveheart (1995), My nome is Joe (1998, Palme d or no Festival de Cannes) e Young Adam (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Estudou na Columbia University, onde obtivo o doutorado en 1916 sobre o entrecruzamento xenético. Contribuíu á localización cromosómica de moitos xenes e foi un dos creadores da xenética moderna. Demostrou que a irradiación con raios X aumenta a taxa de mutacións nos organismos, o que serviu para apoiar que as mutacións, xunto coa selección natural, son as bases da evolución. En 1946 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, polos seus estudos sobre mutacións inducidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático alemán. Coñecido como Regiomontanus, completou a tradución para o latín do Almaxesto, iniciada por Peurbac, que defendeu a inmobilidade da Terra. Observou en 1472 a pasaxe do cometa Halley e en 1475 chamouno o papa Sixto IV para que colaborase na reforma do calendario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo alemán. Investigou sobre a fisioloxía do sistema nervioso, os órganos dos sentidos, a actividade secretora e a anatomía comparada. Un dos seus principais descubrimentos foi que cada órgano do sentido responde a diferentes tipos de estímulo dunha forma particular. Das súas obras destacan Zur vergleichenden Physiologie des Gesichtssinnes (1826) e Handbuch der Physiologie des Menschen für Vorlesungen, que publicou en dous volumes entre 1834 e 1840.

    VER O DETALLE DO TERMO