"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Infante de Aragón, fillo de Xaime I o Conquistador e Violante de Hungría. En 1248, o seu pai cedeulle o Roselló, Cerdaña e Montpellier, ademais dos dereitos sobre a Galia meridional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Aragón e marqués de Tortosa, fillo de Afonso IV de Aragón e Leonor de Castela. As intrigas maternas obrigárono a fuxir a Castela (1336). En 1347, a petición dos nobres unionistas dos reinos de Aragón e de València, recrutou un exército no Reino de Castela e dirixiu a Unió contra Pedro IV de Aragón. Feito prisioneiro na Batalla de Épila (1348), retornou a Castela trala derrota definitiva da Unió e foi nomeado gran conselleiro de Castela. Declarada a Guerra dos Dous Pedros, cedeu a rexión de Alacant-Oriola a Pedro I o Cruel (1356), pero trala conquista desta por Pedro IV pasouse ao bando aragonés. En 1363, acusado de conspirar contra Enrique de Trastámara, aliado do monarca aragonés, e de roubar o tesouro real, foi asasinado e o seu sobriño, Pedro II de Urgell, herdou todos os seus bens.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(El Escorial 1609 - Bruxelas 1641) Infante, militar e eclesiástico, fillo de Filipe III e Margarida de Austria. Recibiu o capelo cardinalicio en 1619 de mans de Paulo V e, posteriormente, foi nomeado administrador perpetuo do arcebispado de Toledo, prior de Ocrato e abade comendatario do mosteiro de Alcobaça. En 1632, o seu irmán Filipe IV nomeouno vicerrei de Catalunya e despois gobernador de Milán (1633-1634). Trala morte de Isabel Clara Uxía, recibiu o cargo de gobernador dos Países Baixos (1634-1641). Participou na Guerra dos Trinta Anos, na que derrotou os exércitos suecos na Batalla de Nördlingen (1634) e os franceses en Corbie (1636).
-
PERSOEIRO
Infante de Castela, fillo de Afonso VIII e de Leonor de Inglaterra. En 1210 tomou o hábito de cruzado e iniciou unha serie de campañas contra os almohades. Trala súa morte foi soterrado no panteón real do mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas en Burgos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Castela, fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón. Coñecido como o de la Cerda, foi proclamado herdeiro ao trono pero morreu durante a viaxe do seu pai a Roma para defender os seus dereitos ao trono imperial. Casou con Branca de Franconia, filla de Luís IX, coa que tivo dous fillos, Afonso e Fernando, coñecidos como os infantes de la Cerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Fernando I de Aragón.
-
PERSOEIRO
Infante de Mallorca e príncipe de Acaia (1315-1316), fillo de Xaime II de Mallorca e de Esclarmunda de Foix. Coñecido como Fernando de Morea, estivo nas cortes de Xaime II de Aragón e Federico III de Sicilia, que o enviou como o seu lugartenente na Compañía Catalana. Trasladouse a Gallipoli en 1307 e fixérono prisioneiro os venecianos en Negroponte. Trasladado a Nápoles, foi liberado en 1308 e volveu á corte de Xaime II de Aragón, co que participou na expedición a Almería (1309). En 1312 trasladouse a Sicilia, onde recibiu de Federico III de Sicilia o feudo de Catania e o castelo de Ursino. Participou nas loitas entre Nápoles e Sicilia e en 1314 casou con Isabel de Sabran, neta de Guillerme de Villehardouin, príncipe de Acaia. Posteriormente, casou en segundas nupcias con Isabel de Ibelin. Morreu loitando por defender os dereitos do seu fillo, o futuro Xaime III de Mallorca, fronte a Luís de Borgoña e Xoán de Orsini en Acaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do Océano Atlántico, pertencente a Brasil e situado 435 km ao L da costa do estado de Rio Grande do Norte (26 km2). Descubriuna o navegante portugués Fernando de Noronha en 1503. É unha colonia penitenciaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante portugués, fillo de Xoán I de Portugal e Filipa de Lencastre. Participou na fallida expedición a Tánxer (1437) na que foi tomado como refén e morreu. O seu corpo trasladouse a Lisboa e foi enterrado no mosteiro de Batalha.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador do Sacro Imperio Xermánico (1558-1564), rei de Hungría e Bohemia (Fernando I; 1526-1564) e de Alemaña (1531-1564), fillo de Filipe o Fermoso e de Xoana a Tola. Educado polo seu avó materno, Fernando o Católico, foi enviado en 1518 a Flandres, onde completou a súa educación nun ambiente erasmista. Polo Tratado de Wörms (1521), o seu irmán, o Emperador Carlos V cedeulle os dominios patrimoniais da familia Habsburgo e en 1527, como esposo de Ana de Hungría e Bohemia, foi elixido rei, aínda que tivo que enfrontarse ao candidato da nobreza, Xoán Zapolya. En 1545 tivo que asinar unha tregua con Solimán II o Magnífico, que ocupara gran parte da chaira única, a cambio da entrega anual de tributos aos otomanos. En política interior, esforzouse por conciliar as posturas de católicos e protestantes. Iniciou unha serie de reformas entre os católicos, negociou o fin do conflito na Paz de Augsburgo (1555) e tentou que a Igrexa romana permitise a comuñón baixo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (Fernando IV; 1759-1806 e 1815-1816) de Sicilia (Fernando III; 1759-1816) e das Dúas Sicilias (1816-1825), fillo de Carlos VII de Nápoles. Recibiu os reinos de Nápoles e Sicilia cando o seu pai foi nomeado en 1759 rei de España (Carlos III). Formou parte da coalición contra Francia (1793) e o reino foi invadido polas tropas napoleónicas (1799), que fundaron a República Partenopea. Mediante a axuda dos británicos conseguiu reinar novamente e declaroulle a guerra a Francia. Perdeu o reino ante Napoleón (1806) e recuperouno en 1815. Reuniu os seus estados baixo o nome de Reino das Dúas Sicilias en 1816. A raíz da revolución de 1820, concedeu unha Constitución, que derrogou ao ano seguinte trala intervención da Santa Alianza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1412-1416), duque de Peñafiel e conde de Mayorga, fillo de Xoán I de Castela e de Leonor de Aragón. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara. En 1406, trala morte do seu irmán Enrique III, asumiu a rexencia de Castela durante a minoría de idade do seu sobriño Xoán II, xunto con Catarina de Lancaster. Retomou as guerras iniciadas por Enrique III de Trastámara contra o Reino de Granada e tomou as cidades de Zahara (1.10.1406) e Antequera (24.9. 1410), polo que comezou a ser coñecido como Fernando de Antequera. Á morte do seu tío, Martiño I de Aragón (1410), presentou a súa candidatura para a sucesión e enfrontouse a Jaume II d’Urgell. Apoiado polos Urrea de Aragón, os Centelles de València e polo Papa Benedicto XIII, foi recoñecido como monarca tralo compromiso de Caspe (1412). Unha vez sufocada a revolta de Jaume II d’Urgell (1412-1413) e tralas concesións ao patriciado urbano catalán nas cortes de Barcelona (1413-1414), centrou os seus esforzos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Austria (1835-1848) e rei de Bohemia e de Hungría (Fernando IV; 1830-1848), fillo do Emperador Francisco I. Deixou a tarefa de goberno ao Consello de Estado, liderado polo chanceler Metternich. Sorprendido pola revolución de 1848, refuxiouse en Innsbruck; volveu a Viena, onde viviu as revoltas de outubro, e finalmente retirouse a Praga, despois de abdicar en favor do seu sobriño Francisco Xosé I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando I das Dúas Sicilias.
-
PERSOEIRO
Príncipe (1887-1908) e tsar (1908-1918) de Bulgaria. Despois da abdicación do príncipe Alexandre I, foi elixido príncipe polo Parlamento. En 1908 rompeu a vasalaxe cos turcos e foi proclamado tsar dos búlgaros. Formou parte da Entente Balcánica (1912) e comprometeu o seu país ao lado dos imperios centrais durante a Primeira Guerra Mundial. Trala fin do conflito foi obrigado a abdicar no seu fillo Boris III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando I.
-
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1458-1494) e duque de Calabria (1443-1494), fillo natural de Afonso V de Aragón. A súa investidura como rei de Nápoles foi rexeitada polo Papa Calixto III e polo duque de Lorena. Coroado en Bari (1459), derrotou o duque de Lorena na Batalla de Troia (1462). Na década de 1480 enfrontouse a varias sublevacións da nobreza napolitana que culminaron na Conxuración dos Baróns (1485-1486). Monarca renacentista, foi o fundador da primeira universidade napolitana (1465), o introdutor da imprenta (1474) e protector das artes e das letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de España, duque de Parma, Piacenza e Guastalla (1765-1801), fillo do duque Filipe I. Decretou a expulsión dos xesuítas dos seus estados, suprimiu a Inquisición, practicou unha política regalista e negouse a ser feudatario da Santa Sé. Opúxose á ideoloxía revolucionaria e ao imperialismo de Napoleón, que en 1801 lle arrebatou os estados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1367-1383), fillo de Pedro I e Constanza de Castela. Trala morte do rei castelán Pedro I o Cruel (1369), emprendeu numerosas guerras, nas que asinou alianzas cos reis de Aragón, Granada e Inglaterra, co fin de reclamar para si o trono de Castela. Promulgou a Lei das Seismarias (1375) que procuraba o desenvolvemento da agricultura e da navegación. Trala súa morte sen herdeiro varón, sucedeuno o seu irmán Xoán, mestre de Avís.
VER O DETALLE DO TERMO