"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Relativo ou pertencente ás interferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos tres períodos entre as catro glaciacións do Cuaternario. Durante os períodos interglaciares que se caracterizaron por un clima tépedo, produciuse unha elevación do nivel xeral dos mares, que provocou transgresións mariñas importantes e a fusións dos glaciares. O primeiro interglaciar (Günz-Mindel) iniciouse hai 850.000 anos e acabou hai 700.000, segundo uns, ou 550.000, segundo outros. No dominio alpino, sen embargo, o interglaciar máis importante é o comprendido entre a segunda e a terceira glaciación (Mindel-Riss), que se sitúa nun período de hai 200.000 a 400.000 anos; e o terceiro interglaciar (Riss-Würm, en que se inicia a formación do Homo sapiens sapiens) dentro dun período de hai 60.000 a 150.000 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intermitente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización mundial que engloba os partidos socialdemócratas, socialistas e laboristas. Foi creada no Congreso de Frankfurt de 1951 co propósito de promover a distensión internacional e de defender os dereitos dos traballadores. Estivo presidida por W. Brandt entre 1976-1992, ao que sucederon P. Mauroy (1992-1999) e António Guterres desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comprende ou fai referencia a dúas ou máis razas.

    2. Que está constituído por persoas de distintas razas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos intersticios.

    2. Que é propio dos intersticios de areas litorais.

    3. Aplícase ao mineral dunha rocha que ocupa os intersticios entre os restantes minerais que a forman.

    4. Composto cristalino formado por metais de transición e elementos lixeiros, en que os átomos lixeiros se sitúan nos intersticios da malla espacial do metal de transición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de tolerancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intranscendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intransixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de invariante.

    2. Principio polo que a descrición física dun fenómeno non resulta alterada se se realiza unha combinación das operacións de cambio de carga, paridade e tempo. Nalgúns casos observouse algunha leve violación deste principio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de inxerirse nun asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que presentan certos corpos, como as burbullas de xabón, a nácara, etc, de producir coloracións semellantes ás do iris, debidas a fenómenos de interferencia ou de difracción dos raios de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de carácter literario editado na Coruña a partir do 2 de maio de 1857. Cesou a súa edición ao redor do mes de outubro dese ano. Dirixírono en diferentes etapas Xosé Puente, Ricardo Puente e Carlos Muñoz. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga. Ademais da información xeral e cultural, no ámbito literario cómpre salientar a colaboración de destacados escritores do Rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir do 1 de marzo de 1880. Subtitulouse “Semanario de intereses generales”. Cesou a súa edición o 27 de setembro do mesmo ano. Fundado e dirixido por Alexandre Puig e Ricardo Caruncho, incluíu información sobre literatura, ciencias, agricultura, industria e comercio. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Las Noticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación que reuniu as irmandades locais e comarcais do Reino de Galicia establecida en 1467. Aprobada e ordenada polo Rei Enrique IV de Castela, estaba integrada polos alcaldes, deputados ou procuradores e cuadrilleiros. Dirixiu a Segunda Guerra Irmandiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cociente entre o fluxo enerxético recibido por un elemento infinitamente pequeno de superficie e a área deste elemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irrelevante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode renunciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de irreverente.

    2. Feito ou dito irreverente.

    VER O DETALLE DO TERMO