"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas pertencente á familia das proteáceas, que se caracteriza porque os órganos masculinos da flor maduran antes que os femininos. É arbustiva e ornamental. Orixinaria de Australia está distribuída, maiormente, polas zonas secas de Australia e Sudáfrica. Os exemplares máis coñecidos son Hakea laurina e Hakea sericea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de mercaderes que monopolizou as relacións comerciais no N de Europa durante toda a Idade Media e parte da Idade Moderna. Ao longo dos ss XII e XIII, as guildas de comerciantes alemáns conseguiron consolidar o seu control sobre unha serie de cidades nas illas e ribeiras dos países bálticos e garantir así o seu monopolio comercial. En 1241 numerosas cidades xermánicas lideradas por Lübeck e Hamburgo asinaron un tratado polo que a primitiva asociación de mercaderes se transformou nunha confederación de setenta e seis cidades dotadas con privilexios marítimos e comerciais. O centro da alianza, establecido inicialmente en Visby, pasou a Lübeck, onde a partir de 1356 se celebraron as asembleas para elaborar os regulamentos xerais de comercio e navegación e as normas de carácter económico. Ademais, tamén se estableceron importantes factorías nas cidades de Bruxas, Nowgorod, Bergen e Londres. A federación aseguraba desta maneira a supremacía marítima e establecía un bloqueo económico...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hansa.
-
PERSOEIRO
Inventor inglés. Foi fiador de Standhill, en 1764 inventou a spinning-jenny, primeira máquina fiadora, que traballaba manualmente, que podía fíar distintos fíos ao mesmo tempo. Nos anos seguintes construíu algunhas spinning-jenny que foron destruídas en 1768. Trasladouse a Nottingham, onde instalou unha pequena fábrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Hariclea Darclée, estreou a ópera Tosca de Puccini (1900) e actuou repetidamente en Barcelona (1894-1907). O seu repertorio incluía a Donizetti, Verdi, Massenet e Wagner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz estadounidense. Coñecida como Jean Harlow, foi un dos máximos expoñentes do star-system da década de 1930, actuou nos filmes Hell’s angels (1930), Platinum blonde (1931) ou Saratoga (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Harlean Carpenter.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Desenvolveu o seu labor docente na Harvard University (1984) e foi catedrático de Poesía na Oxford University (1989-1994). A súa obra, moi influenciada pola situación política e social que vive Irlanda do Norte, contextualízase nos mesmos espacios físicos da súa infancia, tal e como se reflicte en North (1975). Da súa obra tamén destacan Death of a naturalist (1966), Isola stazione (1984), The Haw Lantern (1987) e The Government of the Tongue (1988). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e editor estadounidense. Influíu na política nacional a través dunha cadea de xornais, revistas e axencias de información, sobre todo a partir da adquisición do Morning Journal en 1895. Explotou as novas técnicas gráficas e os temas políticos sensacionalistas. Orson Welles inspirouse nel para crear o seu filme Citizen Kane (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Helmut Herzfelde.
-
PERSOEIRO
Político inglés. Membro do Conservative Party, ocupou diversos ministerios (1959-1965) e a xefatura do partido (1965). Primeiro ministro desde 1970, tentou restaurar as finanzas británicas, pero a hostilidade dos sindicatos fíxolle perder as eleccións (1974) e o liderado do partido (1975), que pasou a mans de M. Thatcher.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superior ionizada da atmosfera, situada entre os 80 e os 120 km de altitude. É a principal compoñente da ionosfera. As ondas radioeléctricas de frecuencia menor de 6 MHz que chegan a esta capa son reflectidas outra vez cara á Terra, propiedade na que se basean as transmisións de radio a longa distancia. A existencia desta capa foi postulada por Heaviside e, independentemente, por A.E.Kennelly. Tamén recibe o nome de capa E ou capa Kennelly-Heaviside.
-
ENTRADA LARGA
Función H(x) real de variable real definida por
VER O DETALLE DO TERMO
0, x < 0
H (x) = {
1, x > 0
Emprégase en casos en que unha magnitude pasa bruscamente de 0 a un valor constante non nulo. As propiedades de H(x) deron lugar á teoría de distribucións. Tamén recibe o nome de función escalón ou escalón unitario de Heaviside. -
PERSOEIRO
Físico e matemático inglés. Desenvolveu a teoría do cálculo vectorial e creou o calculo simbólico. Estudiou a teoría das ondas electromagnéticas, a telefonía e a telegrafía, e formulou a hipótese da capa de Heaviside.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo musical de rock moi vivo e distorsionado. Desenvolveuse, principalmente, na década de 1980, con grupos como Led Zeppelin, Deep Purple, Kiss, Skorpions, AC/DC ou Iron Maiden. Tamén se denomina heavy metal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade métrica de superficie equivalente a cen áreas, é dicir, un hectómetro cadrado.
-
ENTRADA LARGA
Reacción de obtención dun haluro do ácido ¦Á-haloxenado por adición directa do halóxeno nun carbono ¦Á, segundo a reacción:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corea que afecta só a unha metade do corpo.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Centrado nun correcto nu feminino de contornos nebulosos, converteuse nun abandeirado da Alsacia perdida por Francia en 1871. O seu estudo de París foi convertido nun museo que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Glándula dixestiva integrada pola fusión do páncreas e do fígado, que forman unha única masa secretora de zumes dixestivos. É propia de diversos grupos de invertebrados (crustáceos, arácnidos e moluscos) e non ten relación co fígado ou co páncreas dos vertebrados.