"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Reformador alemán. De nome Georg Burckhardt, foi sacerdote (1509), amigo e discípulo de Lutero en Wittenberg (1511). Gañou a Federico III de Saxonia para a Reforma e acompañouno ás dietas de Ausburg (1518) e de Worms (1521). Traduciu ao latín as obras de Lutero e de Menlachton, e de Erasmo ao alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Estudou en Jena, onde coñeceu o pietismo, ao que se adheriu (1730) despois de visitar os irmáns de Hernhut. Bispo dunha comunidade de irmáns bohemios nas colonias de América do Norte, fixo a súa exposición doutrinal en Idea fidei Fratrum (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, con ás triangulares e antenas longas. A especie S. pilleriana é a causante dunha das pragas que poden afectar á vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas anuais, da familia das cariofiláceas, con follas opostas e lineais, flores pentámeras brancas e froitos en cápsula oval. En Galicia pódense atopar as especies S. arvensis e S. morisonii.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Fundou as produtoras Amblin Entertainment e DreamWorks SKG. Da súa filmografía destacan Duel (1971), The Sugarland Express (1974), Jaws (1975), Close Encounters of the Third Kind (1977), E.T. (1982), a triloxía sobre o aventureiro Indiana Jones (Raiders of the Lost Ark, 1981; Indiana Jones and the Temple of Doom, 1984; e Indiana Jones and the Last Crusade, 1989), The Color Purple (1985), Jurassic Park (1992), Schindler’s List (1993, Oscar á mellor película e ao mellor director 1994), Saving Private Ryan (1998, Oscar ao mellor director 1999), Artificial Intelligence: AI (2001), The Terminal (2004) e War of the Worlds (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Svalbard, a máis grande das Spitzbergen (39.043 km2). É a máis occidental, e ata 1969 foi coñecida co nome de Westspitzbergen. Os ricos xacementos de hulla en Isfjorden deron orixe aos centros de Longyearbyen, capital do arquipélago, de Grumantbyen e de Baretsburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación das catro illas principais do arquipélago de Svalbard: Spitzbergen, Nordaustlandet, Edge, Barents e o illote de Prins Karls Forland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e médico alemán. Foi o creador da teoría do floxisto, que expuxo na obra Fundamenta chimiae (1723), coa que se explicou durante moitos anos o fenómeno da combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director dramático. De nome Konstantin Sergejevič Aleksejev, fundou o Teatro Artístico de Moscova, con V. I. Nemirovič-Dančenko, onde puxo en práctica as súas concepcións dramáticas e desenvolveu o seu prestixioso método de interpretación. O actor ten que evitar toda afectación non motivada, e a obra, para el, é un conxunto orgánico formado pola vontade estruturadora do director en que nada queda solto. A loita contra o divismo e a educación dos actores e do público tamén forman parte do seu sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Zachodniopomorskie, Polonia, situada ao S de Szczecin (70.000 h [1989]). Ten industria química e de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, príncipe de Starhemberg. Reorganizou o Heimwehr contra os socialistas. Foi ministro do Interior (1930) e vicechanceler (1935-1936). Oposto ao Anschluss, foi detido, pero puido evadirse e loitar contra os alemáns. Estivo exiliado en Arxentina (1942-1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Alta Baviera de 57 km2 , antigamente denominado tamén lago de Würm, porque este río recolle as súas augas para vertelas no Amper.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenetista. Fixo numerosos estudos sobre o proceso de evolución das plantas, as propiedades xenéticas das novas especies e a variación dos cromosomas. Escribiu Chromosomal evolution in higher plants (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra alemán. Coñecido como William Steinberg, naturalizouse estadounidense. Foi axudante de O. Klemperer na Ópera de Colonia (1920) e en 1936 estableceuse en EE UU onde dirixiu varias orquestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Estudou na Universidade de Chicago, onde se doutorou en 1948. Foi profesor na Columbia University, traballou no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) e foi profesor da Universidade de Pisa. En 1988 recibiu, xunto M. Schwartz e L. Lederman, o Premio Nobel de Física polo descubrimento do neutrino muónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e escritor. Estudou as relacións entre literatura e sociedade. Das súas obras destacan a narración Anno Domini (1964) e os ensaios Tolstoy or Dostoevsky (1958), The Death of Tragedy (1960), After Babel (1975), Antigones (1984), Passion Spent: Essays 1978-96 (1996), Errata: an Examined Life (1997) e Grammars of Creation (2001). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Virginia Woolf, foi crítica literaria de The Times Literary Supplement, onde publicou a maior parte dos seus ensaios, reunidos nos dous volumes de The Common Reader (1925 e 1932). En 1915 publicou a súa primeira novela, The Voyage Out, á que seguiron Night and Day (1919) e A Jacob’s Room (1922), na que rompeu definitivamente coa novela tradicional decimonónica. En Mrs Dalloway (1925) acusou unha absoluta madurez, confirmada por To the Lighthouse (1927) e The Waves (1931). Destacan tamén Orlando, a Biography (1928), A Room of One’s Own (1929), Flusch (1933), The Years (1937) e Between the Acts (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor inglés. Elaborou o proxecto da primeira locomotora de vapor, construíu a locomotora para a liña de ferrocarril Stockton-Darlington (inaugurada en 1825), perfeccionou as locomotoras e construíu The Rocket coa colaboración do seu fillo Robert Stephenson (Willington 1803 - Londres 1859), co que contribuíron á expansión do ferrocarril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Josef von Sternberg, da súa filmografía destacan The Docks of New York (1928), Der blaue Engel (1930), Shangaï Express (1932), The Scarlet Empress (1934), The Devil is a Woman (1935), Macao (1952), Anatahan (1954) e Jet Pilot (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jonas Sternberg.

    VER O DETALLE DO TERMO