"André" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
PERSOEIRO
Gramático e poeta noruegués. Froito do seu estudo dos dialectos noruegueses publicou en 1848 Det norske folkesprogs Grammatik (Gramática da lingua popular norueguesa) e en 1850 o primeiro dicionario desta lingua, Ordbog over det norske folkesprog (Dicionario da lingua popular norueguesa). Tamén cultivou a poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote, sobriño do Arcebispo de Santiago Sebastián Malvar. Identificouse ideoloxicamente co absolutismo, fronte ao carácter liberal do seu irmán Manuel, tamén sacerdote. Favorecido pola axuda do seu tío, acadará beneficios e cargos no cabido compostelán ata ser nomeado deán (1797). A defensa dos seus ideais absolutistas valeulle, ademais do enfrontamento ideolóxico co seu irmán, o encarceramento e o desterro ás Islas Canarias (1821) ao se iniciar o Trienio Liberal. Pola contra, acadaría recoñecemento dentro do estamento eclesiástico conservador compostelán, concedéndoselle a Orde de Cabalería de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de tenis norteamericano de orixe grega. Debutou no circuíto profesional en 1987 e axiña acadou sona pola súa forma de vestir nas pistas. En 1988 participou por primeira vez en Wimbledon. Malia a súa irregularidade, ao gañar o torneo de Roland Garros en 1999 converteuse no primeiro xogador da era open, e o quinto na historia, en acadar o Grand Slam, é dicir, en vencer nos catro torneos máis importantes do circuíto (obtivo cadanseu triunfo en Wimbledon, no Aberto de Australia, no Aberto de EE UU, e en Roland Garros). Foi o mellor tenista mundial (primeiro na clasificación da ATP) en 1995, durante 30 semanas consecutivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo mariño. Fillo de Jean Louis Rodolphe Agassiz. Fundou a estación zoolóxica de Newport (Rhode-Island, EE UU).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago e en Teoloxía pola de Ávila. Foi reitor do Colexio de San Clemente en Santiago (1755). Un ano máis tarde gañou a maxistratura da Colexiata da Coruña e logo a mestrescolía. Tamén foi maxistral de Lugo e chantre, cabaleiro da Real Orde Española de Carlos III e no 1794 foi nomeado deán da Catedral de Santiago. O 15 de outubro de 1796 foi designado Bispo de Lugo. Publicou dúas cartas pastorais (1802 e 1807).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anna Andrejevna Gorenko.
-
VER O DETALLE DO TERMO
L´Ouvrier (Bury, Oise 1815 - Mello, Oise 1895) Obreiro mecánico francés, revolucionario e seguidor de Blanc. Fundou o periódico L’ Atélier (1840). Participou na Revolución do 1848, foi integrante do Goberno Provisional e logo Presidente da Asemblea Nacional. Foi deportado, pero Napoleón III concedeulle a amnistía (1859). No 1871 participou na Comuna de París.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto italiano. Destacou polo uso do método histórico e lingüístico no estudo do Dereito Romano. Escribiu un tratado sobre o emblema, Emblematum libellus (1522).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María del Pilar Jiménez Aleixandre.
-
PERSOEIRO
Poeta español. Licenciado en Dereito, aínda que nunca exerceu. Considerado un dos principais representantes da Xeración do 27, o seu mundo poético enriqueceuse e evolucionou dende Ámbito (1928) ata Espadas como labios (1932) e La destrución o el amor (1934), dende o simbolismo ao superrealismo. Espallou a idea de que a poesía é o todo e que os datos da experiencia vital, a natureza, o subconsciente e as lembranzas son os elementos que a integran. Despois dos poemas en prosa Pasión de la tierra (1935), publicou un dos seus libros fundamentais: Sombra del Paraíso (1944). Despois dos amargos versos de Mundo a solas (1950) escribiu entre outras: Historia del corazón (1954), Poemas de la consumación (1968) e Diálogos del conocimiento (1974). Publicou tamén Poesías completas (1960) e os retratos literarios Los Encuentros (1959). En 1968 reuniu todas as súas Obras completas, e en 1976 publicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (? 356 - Babilonia 323 a C) Rei de Macedonia (336-323), fillo do Rei Filipo de Macedonia e de Olimpia, a súa dona. Foi educado por Aristóteles. No 340 a C o seu pai noméao rexente. No 338 comandou a cabalería macedónica na Batalla de Queronea. Cando herdou o reino, rebelóuselle a Grecia sometida por Filipo, pero Alexandre conquistou e destruíu Tebas e fíxose nomear Xeneral en Xefe dos exércitos gregos e principiando a guerra contra Persia para recuperar as colonias gregas de Xonia (Asia Menor). No 334 pasou o Helesponto e principiou a conquista da costa de Asia Menor. A primeira batalla foi no río Granico, vitoria que lle permitiu liberar as satrapías de Xonia e Lidia. Tomou logo Frixia e a súa capital, Gordion, onde cortou o nó gordiano (segundo a lenda, quen o desenleara sería o amo de Asia). Conquistou Cilicia e atravesou o monte Tauro. O exército persa agardouno en Siria e deulle combate en Issos (333), batalla que foi unha gran desfeita para os persas, na...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundado en maio de 1990 por Marcos Valcárcel. Está presidido por César Ansias, e contribúe á dinamización da vida cultural ourensá colaborando con outras asociacións a prol da normalización cultural e lingüística do país. Organiza encontros de escritores, homenaxes a persoeiros destacados da cultura ourensá, debates, exposicións de libros, fotografía e caricatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada o 3 de abril de 1992 e declarada de interese cultural galego. Está presidida por Fernando Quintela Novoa e actúa como secretario Xosé Castro Ratón. Entre os seus obxectivos destacan o seu interese pola promoción e defensa da cultura e da lingua galega, e do galeguismo. Para iso organizan conferencias, seminarios e actos de homenaxe a políticos e intelectuais galegos.
-
FILOSOFOS
O Eséxeta (Afrodisia s II - III d C) Filósofo e matemático grego discípulo de Herminio e de Arsitocles de Messina. Ocupou entre o 198 e 211 a cátedra peripatética de Atenas. Destacou polos seus comentarios a Aristóteles, especialmente un que fixo á súa Metafísica, que influíron ata o Renacemento e orixinaron unha nova corrente dentro do aristotelismo: o alexandrismo, segundo o cal só o entendemento activo é separado e inmortal, a diferenza do pasivo (a alma individual). No seu Tratado sobre o destino e o libre albedrío combatía o fatalismo estoico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Alexandre de París (ss XII - XIII) Poeta francés. Interveu na elaboración do Roman d´Alexandre, da que reescribiu a primeira parte, uniu a cuarta desas partes -na que se trata a morte do protagonista- e traballou sobre o resto.
-
PERSOEIRO
Teólogo inglés. Mestre de Bonaventura na Universidade de París; fíxose franciscano (1231) e inspirouse filosoficamente en fontes agustinianas pero tamén aristotélicas. Foi coautor dunha Summa universae theologiae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico bizantino, o máis importante da súa época. É o autor de Biblíon Therapeutikón en 12 libros, que resume os coñecementos da patoloxía e da terapéutica coñecidos daquela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo escolástico, escritor, profesor de gramática e franciscano. Autor do Doctrinale Puerorum (1209), onde expón toda a gramática latina en 2.645 versos hexámetros, que serviron para ensinar a gramática durante 300 anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa da Antártida occidental, no mar Bellingshausen, separada da terra de Graham polo estreito Rei Xurxo VI. Foi descuberta en 1821 por Bellingshausen. Pertence ao territorio antártico baixo soberanía británica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro príncipe de Bulgaria (1879-1887), fillo de Alexandre de Hessen-Darmstadt. Príncipe de Battenberg, en 1879 foi elixido polo Parlamento búlgaro. Restaurou a Constitución do 1879 e favoreceu os partidos políticos. Ao se producir o levantamento nacionalista de Rumelia oriental (1855) o príncipe aceptou a oferta dos rumelianos dunha unión persoal dos dous principados búlgaros; isto non agradou a Rusia, Serbia e Grecia. En 1886, Alexandre derrotou os serbios en Slivnica e en Pirot e impúxolles o Tratado de Bucarest. Unha conxuración militar obrigouno a abdicar e a saír de Bulgaria. Volveu ocupar o trono e volveu abdicar en 1887.
VER O DETALLE DO TERMO