"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 2 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia biolóxica que ten por obxecto o estudo dos animais. Apóiase nunha serie de disciplinas especializadas, como a morfoloxía, a anatomía, a histoloxía, a citoloxía, a embrioloxía, a fisioloxía, a ecoloxía, a etoloxía, a bioxeografía, a zooxeografía e a sistemática. A paleontoloxía animal, incluída dentro da xeoloxía, dá finalmente á zooloxía unha visión de conxunto do reino animal e a súa evolución. Con ramas específicas da zooloxía, dedicadas ao estudo dos diferentes grupos animais, pódese citar a mastoloxía, a herpetoloxía, a ornitoloxía, a itioloxía, a entomoloxía, a carcinoloxía, a malacoloxía, a helmintoloxía, e a protozooloxía. A historia da zooloxía empeza como un estudo da estrutura visible dos animais, e xa se documentan descricións de animais en todas as culturas e civilizacións. Considérase a Aristóteles como fundador da zooloxía racional. Na época romana e durante toda a Idade Media considerouse aos animais e ás plantas como a combinación dos catro elementos (auga, terra,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo científico dos nomes propios aplicados a animais.