"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica británica realizada en 1960. Foi dirixida por Tony Richardson e interpretada por Laurence Olivier, Joan Plowright, Brenda de Banzie, Alan Bates e Albert Finney. É a historia dun actor de music-hall en decadencia que se ve inmerso nunha trama cada vez máis complicada. Está baseada nunha obra teatral de John Osborne, e destaca polo traballo fotográfico, a ambientación e o guión, feito polo propio Osborne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1924. Foi dirixida por René Clair e interpretada, entre outros, por Jean Borlin, Inge Fries, Francis Picabia, Man Ray, Erik Satie e Marcel Duchamp. Ideouna Picabia como un entreacto cinematográfico do seu ballet Relache. A continua sucesión de imaxes sarcásticas e disparatadas fixo que se considerase unha das obras fundamentais do movemento dadaísta.
-
-
Cousa que envolve algo ou coa que se envolve algo.
-
Aparencia externa de algo ou de alguén que normalmente adoita ser todo o contrario do que aparenta.
-
Perfil imaxinario que pecha un obxecto en aplicacións de deseño ou de retoque fotográfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘aurora’ ou ‘principio’, sobre todo en léxico científico relacionado co primeiro ou primeiros períodos dunha división xeolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de calcio, aluminio e ferro, de fórmula Ca2(Al,Fe)3Si3O12(OH). Cristaliza no sistema monoclínico con cristais alongados e tamén en masas, fibras ou gránulos. A súa dureza é 7 e o seu peso específico 3,3-3,6. A súa cor pode ser verde amarelada, marrón ou negra. O epídoto e a clinozoisita constitúen unha mesma especie, o límite de separación entre eles fixouse na porcentaxe do contido de ferro; ata un 10% é clinozoisita e máis do 10% é epídoto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia auxiliar da historia que estudia as inscricións gravadas e pintadas sobre pedra e outros soportes perdurables, entre outros, o bronce, a madeira, o óso e a cerámica. Os estudios epigráficos permiten obter información sobre a lingua, a sociedade, a política, a economía, a relixión e a literatura das distintas civilizacións e culturas. Aínda que existe unha ciencia epigráfica de cada sociedade antiga ou moderna, o desenvolvemento da mesma produciuse no Renacemento mediante a copia e o debuxo de numerosas inscricións gregas e latinas. En 1603 publicouse a primeira colección de epígrafes latinos e gregos, o Inscriptionum romanarum corpus absolutissimum de I. Gruteus, pero ata 1828 non se publicou a primeira colección sistemática, a Inscriptionum latinarum selectarum aplissima collectio ad illustrandam romanae antiquitatis disciplinam accomodata ac magnarum collectionum supplementa complura em de I. C. Orelli. As grandes compilacións de epígrafes realizáronse...
-
-
Relativo ou pertencente á epigrafía.
-
Aplícase á decoración a base de epígrafes ou inscricións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á epimorfose.
-
-
Disciplina que estudia o coñecemento, as súas clases, os seus condicionamentos, a súa posibilidade e a súa realidade. Ademais, estudia os contidos do pensamento, a súa natureza e o seu significado, polo que algúns autores prefiren falar dunha teoría do coñecemento científico. O termo introduciuno o filósofo escocés J. F. Ferrier para designar a doutrina sobre a validez do coñecemento. Obxecto fundamental na historia da filosofía, os principais enfoques do seu estudo foron o racionalista, o empirista, o transcendentalista, o idealista, o positivista, o irracionalista vitalista e o da análise da linguaxe filosófica. Para moitos autores, é parte da metafísica e o seu obxecto de estudo é o coñecemento do ser; para outros, é unha disciplina autónoma. No ámbito da filosofía hispana utilizouse como sinónimo de gnoseoloxía, sen embargo, a utilización deste termo pola filosofía de orientación escolástica levou a facer a distinción entre gnoseoloxía, como teoría do coñecemento, e epistemoloxía,...
-
Disciplina, de carácter filosófico, que se ocupa dos tipos de coñecemento que se poden obter da lingüística. Dun xeito máis específico, constitúe unha teoría verbo da metodoloxía, os procedementos e os obxectivos da lingüística en tanto que campo do saber. Estudia, así mesmo, a evolución histórica das ideas lingüísticas e mais a súa contribución ao coñecemento humano. Unha das discusións básicas ten sido o carácter científico da disciplina, aspecto tan condicionado polos estándares científicos herdados da tradición grecolatina e occidental. Así, os saberes asociados ás ciencias experimentais teñen dominado as concepcións do científico durante os séculos precedentes. Mesmo no s XX, a lingüística estivo en certa medida relegada como ciencia, xa que os datos que manexaba se consideraban “procedentes da mente” e non de fontes abertamente observables. A análise lingüística en tanto que conduta directamente observable contribuíu a modificar esta concepción. Non obstante , os estudiosos vinculados...
-
-
-
Carta ou misiva que se escribe a alguén.
-
Composición, a miúdo en verso e con métricas diversas que, elaborada en forma de carta, trata diversos temas, case sempre filosóficos, morais, satíricos ou relixiosos. Adoita estar dirixida, de maneira formal, a unha ou varias persoas particulares, reais ou imaxinarias. Escribiuse, xeralmente, coa intención de que tivese unha ampla difusión, de aí o seu interese xeral a causa dos temas que trata. A epístola de contido literario cultivouse a partir de Horacio (Epistola ad Pisones). Ademais das do Novo Testamento, destacan as de Cicerón, Petrarca, Garcilaso de la Vega, Luís Vives, Ben Jonson, John Gay, Alexander Pope, Jonathan Swift e Antonio de Guevara.
-
-
Cada unha das vinte e unha cartas atribuídas aos diversos apóstolos que forman parte do Novo Testamento. Clasifícanse en dous grandes grupos: paulinas e católicas. Denomínanse cartas paulinas as catorce epístolas atribuídas a san Paulo (ós romanos, dúas aos corintios, aos gálatas, aos efesios, aos filipenses, aos colosenses, dúas aos tesalonicenses, dúas a Timoteo, a Tito, a Filemón e aos hebreos). A Carta de Santiago (50?) preséntase como escrita polo apóstolo “irmán” do Señor. A Carta de Xudas, de datación discutida (69?), ten como autor o irmán de Santiago. A Primeira Carta de Pedro redactouna Silvano, probablemente antes do ano 67, e a Segunda Carta de Pedro foi escrita, probablemente, por un discípulo do apóstolo. A análise literaria das tres Epístolas de Xoán indica que se trata da obra do autor do cuarto evanxeo, polo que a data da súa redacción debería situarse arredor dos anos noventa.
-
Texto do Novo Testamento (xeralmente dalgunha das Epístolas) que se le na misa ou se canta antes do Evanxeo. OBS: Escríbese sempre en maiúscula.
-
-
Lado dereito do altar dende o punto de vista dos fieis. O seu nome fai referencia ao lugar onde se lía a Epístola durante a celebración da misa, segundo o rito romano anterior ao Concilio Vaticano II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao epitafio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte dunha molécula antixénica que, debido á súa estutura, se fixa polo lugar de unión complementario dun anticorpo e que determina a especificidade da unión antíxeno-anticorpo. Unha macromolécula pode conter moi diferentes epítopes, cada un deles capaz de estimular a produción dun anticorpo específico. Tamén se coñece como determinante antixénico.
-
-
Composto orgánico que contén o grupo
GRAFICO
e que se obtén nas reaccións de epoxidación. O átomo de osíxeno do grupo epóxido reacciona con facilidade co hidróxeno activo das substancias do tipo R-H, como a auga, os ácidos ou os alcohois, e dá, con frecuencia, derivados hidroxílicos. -
Polímero obtido mediante a condensación dun composto epóxido e dun fenol. A maioría son produto da reacción do bisfenol A coa epiclorhidrina. Empréganse de maneira habitual como adhesivos e en recubrimentos superficiais de elevada resistencia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Calidade de equidistante.
-
Diferencia de altitude entre dúas curvas de nivel dun mapa topográfico, que depende da escala do mapa e do tipo de relevo.
-
-
-
-
Estado dun sistema en que este non pode experimentar ningún cambio de forma espontánea.
-
equilibrio dinámico
Estado dun corpo cando a resultante das forzas externas que actúan sobre el se contrarresta coas forzas de inercia.
-
equilibrio electrostático
Estado dun corpo condutor en que o campo eléctrico é nulo en todos os puntos do seu interior. As cargas eléctricas libres distribúense pola superficie.
-
equilibrio estático
Estado dun corpo sometido a un sistema de forzas que cumpren os principios da estática. Pode ser estable, se ao separar o corpo da posición inicial o sistema de forzas ao que está sometido o devolve á posición primitiva; inestable, se o corpo non recupera a posición inicial senón que pasa a outra posición de equilibrio máis estable; e indiferente, se o corpo queda en equilibrio en calquera posición. No equilibrio estable, o centro de gravidade do corpo queda por debaixo do punto de suspensión da base de sustentación, no inestable queda por enriba e no indiferente coinciden. Hai outro tipo de equilibrio, o metastable, que se produce cando o estado de equilibrio é estable para pequenas accións exteriores, pero que se volve inestable cando estas accións exteriores son suficientemente grandes.
-
equilibrio radioactivo
Estado dun corpo radioactivo que se desintegra emitindo átomos radioactivos, de maneira que o número de átomos emitidos coincide co número de átomos que se volven desintegrar.
-
equilibrio termodinámico
Estado dun corpo ou sistema termodinámico en que as variables termodinámicas de estado, como a presión ou a temperatura, teñen o mesmo valor en todos os puntos do sistema. O criterio fundamental do equilibrio termodinámico nun sistema, o volume e enerxía constantes, é o da entropía total máxima. O movemento dun sistema cara ao equilibrio componse de dúas partes: o acadamento da posición de enerxía mínima e, despois, o da posición de entropía máxima.
-
-
Posición vertical dun corpo.
-
-
Proporción ou relación axeitada entre cousas sen que ningunha destaque das demais.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa sumerio-acadia dos infernos que representaba o poder maléfico do outro mundo. Era a irmá maior de Inanna e casou con Nergal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal artificial do estado de Nova York, que se estende desde o lago Erie, en Buffalo, ata o río Hudson, preto de Albany. Os plans para a súa construción comezaron en 1783 pero non se rematou ata 1825. Este canal permitiu o crecemento de moitas comunidades do estado. Durante anos, o canal foi a principal arteria de tráfico, tanto de pasaxeiros coma de mercadorías. A principios da década de 1980, perdeu importancia pola maior circulación de mercadorías a través do ferrocarril e do canal de San Lourenzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arsenio de cobre natural, de fórmula Cu5(AsO4[OH]2)2. É aparentemente amorfo, de cor verde esmeralda, cunha estrutura en forma de ril, superficie áspera e fractura concoidal. Ten dureza 4,5-5 e un peso específico de 4-4,1.
-
-
Erro tipográfico cometido na impresión, composición ou copia dun escrito.
-
Lista de erros, coas súas correccións, que se pon ao final dunha obra ou que pode ir nunha folla solta.
-