"Álvares" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Pedro Álvares Cabral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Antonio Álvares de Azevedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués, autor de Lusitánia Transformada (1607), novela pastoral en prosa e en verso feita segundo os modelos renacentistas de Sannazzaro e Montemor. A obra foi atribuída en tempos a Camões, de quen son evidentes as influencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro e escritor portugués. Formou parte da primeira embaixada portuguesa que arribou a Axum e ao País de Shoa, propiedade do negus David de Etiopía (1515-1527). Publicou a Verdadeira informação das terras do Preste João das Índias (1540), relato que acadou sona na súa época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico formado pola lectura de Leopardi, Espronceda, lord Byron e outros. Malia ter morto moi novo, influíu considerablemente no Romantismo brasileiro. A súa obra lírica compílase na Lira dos vinte anos (1853). Escribiu narracións ao xeito de Hoffman no libro Noite na Taverna (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante portugués, descubridor e explorador do Brasil. Nomeado no ano 1500 capitán da flota portuguesa da India, na expedición cara a este territorio desembarcou nas costas do Brasil, preto de Porto Seguro, e tomou posesión do territorio en nome de Portugal o 24 de abril de 1500. Costeou e explorou a costa de África Oriental e chegou ata Calcuta. Historiadores portugueses e brasileiros consideran que a desviación na viaxe de Cabral non foi casual senón que tiña a intención de visitar o territorio concedido a Portugal polo Tratado de Tordesillas (1494).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e conde da Cunha. Foi nomeado gobernador de Angola (1753-1758), lugar no que mandou elaborar un inventario da Facenda Real (1754) e a organización do arquivo oficial. Foi nomeado vicerrei de Brasil (1763-1767) e fixou a capital en Rio de Janeiro, cidade que fortificou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro portugués, conde de Barcelos, fillo dun prior da orde do Hospital. Entrou ao servizo da Raíña Leonor Teles de Meneses na corte de Portugal. Nomeado condestable, loitou ás ordes do mestre de Avís, en Atoleiros (1384), Valverde (1385) e Aljubarrota (1385), e en 1415 participou na conquista de Ceuta. En 1397 instaurou en Lisboa a orde dos Carmelitas. Foi beatificado en 1918 e a súa festividade celébrase o 6 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Cadaval (1648-1727?). Durante o alzamento portugués contra Castela favoreceu a causa do oitavo duque de Bragança, Xoán II, quen, ao se converter en rei como Xoán IV de Portugal, lle outorgou varios cargos e o título de duque de Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e cabaleiro portugués, fillo de João Soares e Teresa Gonçalves Bezerra. Activo no terceiro cuarto do s XIII, está considerado descendente da liña de Egas Moniz de Ribadouro. Nas Inguirições de 1258 destácase o seu carácter violento e, segundo un documento de 1269, mantivo certa relación con Pero Anes Gago, polo que puido frecuentar a corte de Afonso III. Da súa produción consérvase unha cantiga de amigo, localizada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Vaticana, titulada “Ai amiga, tenh’eu por de bon sen”, onde a amiga eloxia o autor polo seu respecto cara aos códigos do amor cortés e o segredo amoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO