"Épila" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de depilar ou de depilarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que depila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que serve para depilar.
-
-
Arrincar o pelo ou facelo caer mediante procedementos físicos ou químicos. Os procedementos físicos actúan sobre a pel ou ben sobre o folículo piloso, destruíndoo, como por exemplo, na depilación eléctrica.
-
Arrincarse alguén o pelo.
-
-
-
Que serve para depilar ou depilarse.
-
Substancia que serve para depilar. Os depilatorios poden clasificarse en mecánicos e químicos. Os primeiros son mesturas de ceras, resinas e aceites que se aplican en quente e, ao retiralas de golpe, xa frías, levan o pelo arrincado. Os segundos son compostos sulfurados inorgánicos ou orgánicos que desfán a queratina que forma o pelo e a converten nunha masa plástica fácil de eliminar.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, no val do río Jalón (3.957 h [1996[). A súa economía é agrícola, dedicada principalmente aos cultivos de cereais, oliveiras e froiteiras. As industrias máis destacadas pertencen ao sector alimentario. Conquistada en 1120 por Afonso I o Batallador, o Rei Pedro IV o Cerimonioso derrotou os exércitos dos nobres da Unión Aragonesa nas proximidades da vila (1348). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial de Santa María la Mayor (s XVIII), o palacio dos Duques de Híjar e as murallas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar nas proximidades de Épila o 21 de xullo de 1348 e que enfrontou os exércitos de Pedro IV o Cerimonioso coas forzas da Unión Aragonesa, dirixidas polo infante Fernando de Aragón. As vitorias dos exércitos reais permitiron acabar cos privilexios da Unión Aragonesa.