"Añora" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, na comarca de Los Pedroches (1.650 h [1996]). Ten agricultura mediterránea, gandería lanar e porcina. Explota canteiras de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir, ás veces impermeable, un pouco máis curta ca a chaqueta e con capucha, que resgarda moito do vento e do frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de liques, da familia das lecanoráceas, que forma cotras sobre rochas e sobre cortizas e que presenta o talo crustáceo e apotecios de disco plano, pardo ou negro e bordo hialino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás lecanoráceas.

    2. Lique da familia das lecanoráceas.

    3. Familia de liques, da orde das lecanorais, que comprende liques crustáceos con apotecios provistos de marxe hialino e presenta asociadas algas gonidiais clorofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Leonor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ista dunha paisaxe que se realiza desde un punto determinado e que abrangue todo o horizonte.

    2. aloración global ou en conxunto dun asunto ou circunstancia.

    3. Perspectiva total ou parcial dunha escena ou dunha paisaxe proxectada circularmente no interior dunha rotonda onde o centro está ocupado polo espectador, que obtén nel a ilusión de realidade. Fundada na obra de Guidobaldo del Monte e na de J. A. Breysig, o primeiro panorama construíuno en 1793 en Edimburgo o pintor R. Barker. O matrimonio Thayer introduciuno en Francia e tivo moita divulgación ata que foi desprazado polos dioramas de Louis-Jacques M. Daguerre e Charles M. Bouton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isión obtida desde unha distancia que permite captar o conxunto do que se quere considerar.

    2. Fotografía que abrangue unha imaxe desde un punto de vista extenso.

    3. Toma de imaxes que se realiza ao xirar a cámara cinematográfica sobre un eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao panorama.

    VER O DETALLE DO TERMO