"AFG" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Símbolo de Afganistán na placa de estado.
-
-
Relativo ou pertencente a Afganistán, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Afganistán.
-
Pobo que habita principalmente no centro, sur e leste de Afganistán (constituíndo o grupo étnico máis numeroso dese país), aínda que tamén viven en áreas veciñas do Paquistán, onde se chaman pathanos, e de Irán. Pertencen ao grupo indoafgán (indoeuropeo). Polos seus trazos físicos pódese dicir que son dolicocéfalos, altos e de pel clara. Malia a súa islamización, do mesmo xeito que outros pobos islámicos, non se arabizaron. Así mesmo, as poboacións, que aínda conservan modos de vida tradicionais, dedícanse, principalmente á gandería e son nómadas ou seminómadas.
-
Lingua oficial, xunto co persa, de Afganistán dende 1936. O paxto (paštō), nome máis axeitado lingüisticamente, pertence ao grupo indoiranio, da familia indoeuropea, e está emparentado co persa antigo, co avéstico, co sogdián, co curdo e co baluchi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria de Afganistán, definida como 0,0197482 gr de ouro fino e cunha equivalencia oficial de 45 afganis por dólar norteamericano. Subdivídese en 100 puls.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ḡ amal al-Dīn al-Afgānī.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Asia central, limita ao O con Irán, ao S e ao L con Paquistán, ao NL coa China e ao N co Turkmenistán, Uzbekistán e Tadzhikistán (652.225 km2; 21.138.000 h [estim 1997]). A capital é Kābul.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Afganistán é un país montañoso (menos do 10% da súa superficie está por baixo dos 600 m). Preséntase accidentado ao NL por Hindukush, que se xunta ao altiplano de Pamir cara a Badakhxan e chega ata Irán. Ao N, o Amudarja rega (500 km) a depresión de Turquestán. Ao L de Fīroz Kūh, cara a Paquistán, as montañas Sulaiman Ke Pahad cortan de N a S o paso ás influencias da Asia monzónica. Ao S e ao O do val de Helmand está Dasht-e Mārgow, Sīstān e, no L, Rīgestān, desertos de area tórridos. As depresións rodeadas de montañas condicionan o clima continental do país, en tanto que os ventos dominantes acentúan a secura. No O a media anual de precipitacións é de 508 mm, en Kābul de 310 mm, en Qandahār... -
PERSOEIRO
Rei de Afganistán (1933-1973) Asumiu o goberno ao ser asasinado o seu pai, Nādir Shāh (1933). A pesar dos intentos de liberalización do país, foi destituído por un golpe de estado e a proclamación da república en 1973. Renunciou á coroa ese mesmo ano. En 2003 regresou a Afganistán tras o derrocamento do réxime talibán.
VER O DETALLE DO TERMO