"ASP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 232.

  • PERSOEIRO

    Quinto conde de Monterrei, tamén coñecido como Gaspar de Zúñiga Acevedo Fonseca. Casou con Inés de Velasco e Aragón, filla do duque de Frías. Foi Vicerrei e Capitán Xeneral de México e Perú. Destacou no eido militar e político e foi amigo persoal de Filipe II e Filipe III. Comandou a tropa que loitou contra os independentistas portugueses trala anexión de Portugal á coroa de Filipe II e a que se enfrontou aos piratas ingleses de Francis Drake ao atacaren A Coruña no 1589 trala derrota da Armada Invencible. Nesta loita, axudado por Fernando Ruíz de Castro, conde de Lemos, e López de Moscoso Osorio, conde de Altamira, conseguiu forzar os ingleses a erguer o sitio da cidade. Ocupou os cargos de Vicerrei de Nova España (1595-1603) e Perú (1603-1604), impulsando a exploración de novas terras. En homenaxe á súa defensa dos intereses indíxenas, déronlle o seu nome e o do seu condado á cidade de Monterrei. Morreu en 1606 no Perú, na extrema indixencia tras investir as súas cuantiosoas rendas en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matteo de Acquasparta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás medusas que non teñen veo. Son todas as medusas da clase dos escifozoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Román Navarro, presentou a súa obra en varias exposicións provinciais. Pintor só de paisaxes e mariñas. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor castelán. Estivo en Sevilla entre os anos 1556 e 1602. Acadou un gran prestixio e na súa obra, perdida na súa maioría, seguiu o manierismo propio do Renacemento avanzado. Son obras súas o San Sebastián de Marchena (1575) e a Virxe de Trebujena (1579). Traballou tamén no retablo de Santa María, na igrexa de Arcos de la Frontera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático en castelán e, ocasionalmente, en catalán. Autor de comedias dramáticas de cariz psicolóxico: La suerte sin esperanza, La gitana melancólica, El mercader amante, Los amantes de Cartago, as Rimas humanas y divinas conteñen a parte máis importante da súa produción lírica (La fábula de Endimión y la Luna).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras,   Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos da superorde dos sincáridos ao que pertence A. tasmaniae, que vive nas augas estancadas e profundas das montañas de Tasmania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irano-turaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. En 1600 realizou, xunto con Melchor López, Baltasar Fernández, Juan Díaz e Baltasar González, a obra de construción das paredes exteriores do mosteiro de San Paio de Antealtares, de acordo coa traza de Mateo López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano, profesor en Pavía e autor de estudios básicos sobre o sistema linfático. Descubriu os vasos quilíferos en 1622.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Páxina de Servidor Dinámico. Formato de organización e gravación de datos creado pola compañía estadounidense Microsoft, que fai posible a creación de páxinas web dinámicas, con contidos que se renovan moi frecuentemente, especialmente bases de datos. Os arquivos ASP conteñen unha secuencia de comandos que permite que os navegadores interpreten a información recibida como unha páxina HTML normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Armazón formada por dous paos atravesados en forma de X. Recibe tamén o nome de cruz de Santo Andrés.

      1. Conxunto de dúas ou máis pas, de dúas ou máis barras, etc, que se entrecruzan nas súas zonas centrais.

      2. Cada unha destas antenas, barras, etc.

    2. Mecanismo propio dos muíños de vento en forma de X, composto por lenzos ao xeito de velas, que permite o movemento da roda.

      1. Cruz en forma de X que levaban os penitenciarios da Inquisición.

      2. Insignia da casa de Borgoña que aparece na bandeira dos exércitos de España e nos brasóns dalgunhas familias.

      1. Tiras felpudas en forma de aspa que cando vai mal tempo se colocan cruzadas desde a verga do trinquete ata os muros do castelo para fixar a vela.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aspar.

    2. En forma de aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer madeixa ou fío no sarillo.

    2. Crucificar a alguén nunha cruz que ten forma de aspa.

    3. Riscar o escrito.

    4. Adornar un escudo con aspas.

    5. Empobrecer un campo o gando, o frío, o vento, ou outros factores.

    6. Maltratar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas da familia das bonnemaisoniáceas. Os talos, que poden acadar os 20 cm, son de cor rosa e irregularmente ramificados. Algunhas ramas laterais son sinxelas e espidas e portan pequenas espiñas. É propia do infralitoral e aínda que está presente en Galicia é orixinaria de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das liliáceas ao que pertence a esparragueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido natural, non esencial, que intervén no metabolismo do nitróxeno nos vexetais. A forma levoxira, a máis común, emprégase como diurético e para preparar algúns medios de cultivo especiais en bacterioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO