"Acaia" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Nomós de Patres, Grecia (3.271 km2 ; 300.078 h [1991]). A capital é Patres. A antiga rexión de Acaia non tivo un papel destacado ata o 280 a C, cando se creou a Liga Aquea, que loitou alternativamente contra Esparta e contra Macedonia axudada polos romanos, que a disolveron no 146 a C, converténdose Acaia en provincia romana; a partir da conquista romana, o nome de Acaia serviu para designar toda Grecia. Despois das cruzadas dos ss XII e XIII, en que foi conquistada por Guillerme de Champlitte -quen a reinou co nome de Guillerme I de Acaia- e Godofredo de Villehardouin (1205-1210), constituíuse en principado do Imperio Bizantino, adoptando entón a denominación de Morea, e chegou a abranguer todo o Peloponeso. No ano 1267 Carlos I de Anxou, Rei de Sicilia, converteuse no seu soberano. Xaime III de Mallorca chegou a ser proclamado Príncipe de Acaia en 1334, pero a batalla de Llucmajor con Pedro III de Aragón truncou o incipiente proxecto imperial. O derradeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Acaia (1301-1307) e señor do Piemonte (1282-1334), fillo e herdeiro de Tomás III. Coñecido como Filipe de Savoia, loitou contra o seu tío, o conde Amadeo V de Savoia, polo señorío do Piemonte. En 1301 casou con Isabel de Villehardouin, princesa de Acaia e viúva de Filipe Angio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Tarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe anxevino de Tarento (Filipe II; 1364-1373), de Acaia (1370-1373) e emperador titular de Constantinopla (1364-1373), fillo segundo de Filipe de Nápoles. Sucedeu o seu irmán Roberto. Morreu sen fillos, polo que o seu herdeiro foi o seu primo Xaime del Baus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro príncipe de Acaia (1205-1208) e señor de Champlitte (1208-1209), fillo de Odón de Champagne. Coñecido como Guillerme de Champlitte ou Guillerme de Champagne, participou na expedición a Constantinopla (1203) e xunto con Godofredo de Villehardouin conquistou Acaia, onde fundou o principado que cedeu, en 1208, ao seu sobriño Hugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘fumar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Acaia (1373-1374), de Tarento (1373-1380) e emperatriz titular de Constantinopla (1373-1380), filla do príncipe Filipe II de Acaia (Filipe I de Tarento). Herdou, á morte do seu irmán Filipe III de Acaia, o título imperial e os principados de Tarento e de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO