"Adelaide" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ILLAS

    Illa da Antártida, no cadrante de Weddel, descoberta en 1832 por John Biscoe; forma parte do territorio antártico británico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Australia Meridional, Australia, na beira do río Torrens (1.081.000 h [1995]). Centro comercial dun hinterland produtor de froita, trigo, viño e la, que posúe tamén industria téxtil e plástica. Ten refinería de petróleo. Foi fundada no 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa italiana. Coñecida como Tina Modotti, comezou a súa carreira con Edward H. Weston (1921). Viaxou a México (1922), onde coñeceu a Diego Rivera, José Clemente Orozco e David A. Siqueiros. Colaborou na revista Mexican Folkways e integrouse no Partido Comunista Mexicano (1927). Expulsada de México (1930), viaxou por Rusia e Alemaña, onde se relacionou coa Bauhaus de Berlín, e participou na Guerra Civil Española. A súa obra difundiuse a través da exposición itinerante Women of Photography (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO