"Adión" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Apelido orixinario de Lugo que se espallou por toda España creando novas casas en Cuenca, Alcalá de Henares e Cádiz. As súas armas levan, en campo de azur, unha torre ameada de prata encol dunhas rochas e dous carballos de sinople, un a cada lado,   sobre ondas de auga de azur e prata, nas que se representan dous cisnes brancos afrontados; bordo de azur con nove flores de lis de ouro e timbre coroado de loureiros coa lenda: “Humilitate et timore Dei vincit superbiam” (Vence a soberbia de Deus coa humildade e o temor). Outra variante recolle estas mesmas armas pero con cinco flores de lis de ouro no bordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado sintético da vitamina K. OBS: Tamén se denomina vitamina K3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navegación aérea ou marítima baseada na utilización de dispositivos radioeléctricos, emisores ou receptores, instalados en terra ou a bordo da aeronave ou da embarcación, como os radares, os radiofaros ou as radiobalizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Úlcera necrótica de longa evolución producida por unha irradiación intensa e localizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de neurite que aparece en individuos que estiveron baixo a influencia dos raios X durante moito tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Historia de ficción para ser transmitida en capítulos a través da radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núclido radioactivo. Os radionúclidos poden descompoñerse por emisión de diversas partículas (n, á, â, ã) ou por captura de electróns orbitais. O seu coñecemento comeza co descubrimento da radioactividade (1896) e desenvólvese co traballo de P. Curie, M. Curie e E. Soddy. Teñen aplicacións prácticas na análise por activación e na marcaxe, e tamén diversas aplicacións médicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político austríaco, conde de Stadion. Ministro de Asuntos Exteriores (1806-1809), declarou a guerra a Francia (1809). Tras a derrota de Wagram e a Paz de Schönbrunn foi substituído por Metternich.

    VER O DETALLE DO TERMO