"Adrián I" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Papa (772-795). Para facer fronte ás ameazas do Rei longobardo Desiderio, demandou axuda de Carlomagno, que venceu a Desiderio e outorgou ao Papa a súa protección. A cambio, Carlomagno atribuíuse unha certa autoridade sobre os Estados pontificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (867-872). Convocou o Concilio IV de Constantinopla, VIII ecuménico (869-870), que condenou o patriarca Foci e rehabilitou a Ignacio. Aprobou a liturxia eslava.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Nicolás Breaskpear, único Papa inglés da historia (1154-1159). Negouse a recoñecer a organización republicana establecida en Roma por Arnaldo de Brescia ao que expulsou da cidade e condenou a morte no ano 1155. Nese mesmo ano coroou o Emperador Barbarrubia.
VER O DETALLE DO TERMO