"Akbar" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Emperador mongol da India, fillo de Humayun e neto de Baber. Soberano aos 14 anos (1556), reconquistou o territorio dos seus devanceiros, de xeito que á súa morte o Imperio mongol comprendía a India central e setentrional. Interesado pola cultura e o progreso, rematou (1578) a reforma económica e administrativa do imperio mongol e pulou polo desenvolvemento agrícola. Destacou pola súa tolerancia relixiosa favorable aos hindús, abandonando a fe islámica no 1580 e fundando unha nova relixión, chamada Dīn-i ilāhi (relixión divina), que pretendía axuntar o mellor das outras relixións, tentando así a unificación do imperio. Morreu envelenado polo seu fillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político iraniano. Presidente do Parlamento (1980-1989), á morte de Khomeynī foi elixido presidente da República Islámica (1989-1997). Intentou acabar co illamento internacional de Irán cunha política exterior máis moderada, como a neutralidade na guerra do Golfo Pérsico ou as relacións comerciais con países non islámicos.
VER O DETALLE DO TERMO