"Alaxa" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Liñaxe orixinaria da Coruña. Outras variantes deste apelido son Alaxar, Alaxe e Alaxeiro. As súas armas levan sobre campo de goles unha alfaia, un anel de ouro cun rubí.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo falaxa.

    2. Individuo do pobo falaxa.

    3. Pobo de orixe etíope caracterizado polas súas crenzas e tradicións xudías. Malia que se descoñece a súa orixe, considéranse descendentes dun grupo de xudeus que emigraron dende Xerusalén, liderados por Menelik, fillo de Salomón e da raíña de Saba. Dedicáronse tradicionalmente a diversas actividades rexeitadas polos pobos do seu contorno, como o traballo do ferro ou a cerámica. Nas últimas décadas do s XX, durante as fames que afectaron a Etiopia, a maior parte deste pobo trasladouse a Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guadalajara ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guadalajara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de malaxar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para malaxar.

    2. Aparato mesturador empregado na malaxación, formado xeralmente por un recipiente de forma cilíndrica ou esférica e provisto duns brazos de formas diversas, que encaixan uns cos outros no seu movemento. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar un líquido cun sólido para obter unha pasta homoxénea.

    2. Amasar mecanicamente unha masa para manter a súa homoxeneidade e o seu grao de plasticidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO