"Aldan" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • RIOS

    Río das terras altas da Siberia central, en Iacutia, afluente do Lena, cunha lonxitude de 2. 242 km. Nace nos montes Stanovoi e bordea o altiplano de Aldan. Navegable na súa maior parte, constitúe unha importante fonte de enerxía hidroeléctrica. Na súa cunca hai explotacións de ouro e de mica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cangas baixo a advocación de san Cibrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome e apelido de orixe toponímica que presenta como variante Aldao. Ten a mesma etimoloxía co nome Aldo/Alda do que probablemente deriva. O topónimo que aínda pervive no Morrazo (San Cibrán de Aldán) procede dun nome de posesor de orixe xermánica *Aldanus

    2. Liñaxe orixinaria de Aldán. Amais da casa do Morrazo, da súa propiedade eran tamén a casa de Gondar, en San Andrés de Xeve, e o pazo do Casal, en Bueu. Semella ter a mesma orixe que Aldanza e Aldao. Cabaleiros desta familia presentáronse para loitar na Batalla de Nájera cando o Adiantado de Galicia se ergueu a prol do Rei Pedro. Seica as posesións que os Aldao e Maldonado tiñan en Tui foron arrasadas por Pedro Madruga cando este tomou a cidade e fixo prisioneiro o seu Bispo, Diego de Muros. As súas armas levan, en campo de ouro, cinco flores de lis de goles (ou prata) postas en aspa. Algunhas variantes, traen en campo de ouro, dous lobos surmontados de púrpura e outras, en campo de goles, cinco flores de lis de ouro postas en aspa. Estes escudos corresponden á liñaxe Aldana e aparecen adoito nos brasóns galegos quizais porque Aldán, Aldao e Aldana teñan un tronco común, de aí que seguisen utilizando as armas primitivas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terras altas da Siberia central, na República Autónoma de Iacutia, ao N dos montes Stanovoi, cunha altitude máxima de 2.100 m. Constituído principalmente por gneises e granitos, drénano os afluentes do Aldan. Reservas minerais, principalmente auríferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría situada na marxe N da península do Morrazo. Ten unha disposición meridiana de xeito que as súas beiras quedan enfrontadas unha ao L e a outra ao O. A cabeceira sitúase na praia de Vilariño, onde desemboca o río Fiais, principal emisario da ría, e remata nas puntas do Bon, na marxe L, e na punta do Couso, na marxe O. Baña as costas das parroquias de Beluso, do concello de Bueu, e as de Aldán e Hío, do concello de Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe discutida que estivo unida á dos Arias. Segundo uns investigadores procede de Teodorico, Rei dos ostrogodos en Italia que cara ao ano 507 gobernou Hispania durante a minoría de idade do seu neto Amalarico, fillo de Alarico II e da súa esposa Reodogonda, filla natural de Teodorico. Este deixou dous fillos: Severiano, duque de Cartaxena e Sueiro que se asentou en terras galegas e fundou a casa de Aldana nos arredores de Santiago. Segundo outros, debe a súa orixe a outra familia máis antiga que usaba o apelido Arias de Aldana, e que tivo por proxenitor ao Rei Artamiro (ou Ariamiro, Aramiro, Ariana, Arias), oitavo monarca dos suevos de Galicia no 517. De aquí tomarían o patronímico Arias por apelido da familia. Un descendente do Rei Ariamiro, o conde Argimiro Arias, señor dos castelos de Arias de Amaia e Deza, casou con dona Arceriunda, filla de Severiano, conde de Galicia e posible fillo do Rei Teodorico; de xeito que sería el e non seu irmán Sueiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o divino (? 1537 - El Ksar-el-Kébir, Marrocos 1578) Militar e poeta en castelán. A súa produción poética está composta de poemas bélicos, amorosos e relixiosos. É especialmente coñecido polo poema en forma de epístola titulado “Carta para Arias Montano”, sobre o amor a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mark Aleksandrovič Landau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización mariñeira de carácter parroquial fundada o 11 de marzo de 1900 en Cangas do Morrazo. Foi unha das primeiras asociacións dos traballadores do mar aparecidas no Morrazo. A súa fundación está relacionada co nacemento das primeiras sociedades de resistencia na pesca (1895-1910), caracterizadas por ser organizacións que englobaban mariñeiros e pequenos armadores, co obxectivo de paliar a situación de indefensión na que se atopaba o sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do litoral occidental da península do Morrazo, situado na parroquia do Hío, concello de Cangas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cobre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenetista e bioquímico inglés. Foi profesor de fisioloxía da Royal Institution e de bioquímica e xenética na Universidade de Londres. Traballou na aplicación da análise matemática aos fenómenos xenéticos e así poder determinar as taxas de cambio xenético en poboacións humanas, fixo unha aproximación matemática ao proceso de selección natural e nos métodos de medida da unión dos xenes; tamén traballou sobre a hemofilia e daltonismo para poder determinar a taxa de mutacións no home. Entre as súas obras podemos destacar As causas da evolución (1933), Novos camiños en xenética (1941) e A bioquímica e a xenética (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou medicina na Universidade de Johns Hopkins, onde se doutorou no 1927. Traballou nas universidades de Leipzig, Múnic, Johns Hopkins e Rockefeller de Nova York. Investigou a neurofisioloxía da visión e a fisioloxía da fotorrecepción. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1967), xunto con G. Wald e R. A. Granit, polos seus descubrimentos sobre a fisioloxía e a bioquímica da visión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado na beira do Carrión (3.183 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industria fariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO