"Alepo" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade de Siria, capital do mu ḥ āfa ẓ a de Halab, á beira do Kuweik (1.591.400 h [1994]). A cidade, dominada por unha cidadela, é o centro comercial da Siria setentrional, rexión de economía gandeira e agrícola. A importancia de Alepo como centro das rutas comerciais cara a Asia Central, que decae coa abertura da vía marítima de Suez, foi recuperada coa construción dos ferrocarrís en Trípoli, Ḥ om ṣ , Istambul, Bagdag e Basora. Conta con aeroporto e universidade. Arredor do ano 2000 a C foi unha das principais cidades hititas. Sometida sucesivamente polos exipcios, asirios, persas, seleúcidas -que a denominaron Beroía- caeu finalmente baixo o dominio árabe sobre o ano 637. Pasou despois ás mans dos selxúcidas, de Saladino, dos mongois e de Tamerlá e, finalmente, do Imperio Otomano (1516). Despois da Primeira Guerra Mundial os franceses fixeron dela a capital do Estado de Alepo. Na cidadela, que domina a cidade antiga, atopáronse esculturas...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe da familia dos alepocefálidos.
-
Familia de peixes da orde dos clupeiformes, de corpo alongado, cor escura, aletas impares situadas moi atrás e ollos moi grandes e, ás veces, telescópicos. Viven a grandes profundidades e algunhas especies presentan fotósforos. Pertence a esta familia o xénero Xenodermichthys.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos peixes que non teñen escamas na cabeza.