Río dos EE UU, na rexión apalachiana, na vertente atlántica. Nace en Potter Country e en Pittsburg xúntase co Monongahela logo dun percorrido de 514 km, formando o Ohio. Drena unha conca de 29.993 km2. O seu curso baixo é navegable e o seu caudal aprovéitase para a produción de enerxía eléctrica.
Sistema montañoso dos EE UU, na zona central dos Apalaches. Tectonicamente é a sección occidental do altiplano dos Apalaches, profundamente erosionado. Nalgúns textos o termo Allegheny aplicouse erroneamente a toda a cadea apalachense.