"Allier" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión administrativa de Alvernia (Auvergne), Francia (7.340 km2; 352.344 h [estim 1995]). A capital é Moulins.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e escritor. Tivo un papel destacado na preparación da Paz de Rijswijk (1697) e chegou a ser secretario de Luís XIV. Escribiu De la manière de négocier avec les souverains (Xeito de negociar cos soberanos, 1716), que se converteu nun modelo de tratado diplomático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse con Elie Delaunay e na Académie Julian. Influenciado por G. Moreau, cultivou a pintura mitolóxica e costumista ata que, trala Primeira Guerra Mundial, realizou obras de temática relixiosa. Entre outras obras destaca Sacré Coeur (Sagrado Corazón). Foi un dos fundadores dos Ateliers d’Art Sacré (Obradoiros de arte sacra, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista e historiador da arte. Escribiu, entre outras obras, La théorie et la pratique du jardinage (A teoría e a práctica da xardinería, 1709) e Abrégé de la vie des plus fameux peintres (Resumo da vida dos máis famosos pintores, 1745-1752). O seu fillo Antoine-Nicholas Dezallier D’Argenville (?-1796) escribiu, entre outras obras, Voyage pittoresque de Paris (Viaxe pintoresca por París, 1757) e Vies des fameux architectes, depuis la Renaissence des arts, avec la description de leurs ouvrages (Vida de famosos arquitectos, despois do renacemento das artes, coa descrición das súas obras, 1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político francés. Militante da esquerda republicana, foi elixido deputado en 1876 e, tras formar parte de varios gabinetes ministeriais, ocupou a Presidencia da República entre 1906 e 1913.
VER O DETALLE DO TERMO