"Amadeus" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Marca de viño que pertence á adega vitivinícola do Ribeiro, elaborado principalmente con treixadura. Etiqueta herdeira do Bradomín, ao que substituíu por problemas legais ao non autorizar o emprego de tal nome o herdeiro do título de marqués de Bradomín, fillo do escritor Carlos Valle-Inclán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago salgado de Australia, no territorio setentrional. Ten unha superficie que oscila entre os 5.000 e os 8.000 km2 segundo o réxime estacional de choivas. Atópase entre as cordilleiras de Macdonnell e Musgrave, a 450 m de alt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario sueco. Formado no Prerromanticismo sueco, constituíuse en abandeirado do grupo literario Auroraförbundet. Toda a súa obra é unha procura da arte en si mesma, da poesía pura. Compuxo unha serie de poemas dramáticos recollidos baixo os títulos de Fagel Bla (O paxaro azul, 1814) e Lycksalighetens Ö (A illa da felicidade, 1824-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e compositor alemán. Como compositor estreou singspiele, titulados Die Lustige Musikenten (Os músicos divertidos, 1805) e Undine (1816), unha das primeiras óperas románticas. Como escritor destacou con Der goldene Topf (A pota de ouro, 1812) e Nussknacker und Mäusekönig (Crebanoces e o rei dos ratos, 1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor austríaco. Os seus dotes musicais prodixiosos foron axiña observados polo seu pai, que decidiu educalo e, á vez, exhibilo, xuntamente coa irmá maior Maria Anna Nannerl, como fonte de ingresos. En 1763 emprendeu unha viaxe grazas á que coñeceu a orquestra e o estilo de Mannheim, a música francesa en París e o estilo galante de J. Ch. Bach en Londres. En Milán coñeceu a G. B. Sammartini, e en Boloña a G. B. Martini. Destes anos datan os primeiros cuartetos para corda, as sinfonías K 183, 199 e 200 (1773), o concerto para fagot K 191 (1774), as óperas La finta giardiniera (1775) e Il re pastore (1775), diversos concertos para piano, a serie de concertos para violín e as primeiras sonatas para piano (1774-1775). En París, onde marchou con súa nai en 1777, estreou a sinfonía K 297 e un ballet. Nos anos seguintes compuxo as sinfonías K 318 e 319 e a ópera Idomeneo, re di Creta (Múnic, 1781), influída por Gluck, que foi a primeira das súas grandes...

    VER O DETALLE DO TERMO