"Anabas" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Xénero de peixes da familia dos anabántidos, de auga doce, duns 20 cm de lonxitude, capaces de sobrevivir fóra da auga grazas a unha disposición especial das branquias; poden camiñar e subir coa axuda dunhas espiñas anais e preopeculares que posúen. Son propios de África e Asia tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicado ás pezas teatrais, a anábase designa o grao de elevación que conduce a acción cara ao clímax que supón o desenlace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra histórica de Xenofonte sobre a expedición (literalmente, ‘marcha cara ao interior’) organizada por Ciro o Xove, coa axuda dun corpo de mercenarios gregos, contra o seu irmán Artaxerxes II, Rei dos persas. Malia o título, o autor describe, sobre todo, a retirada dos “dez mil” despois da morte de Ciro na batalla de Cunaxa (401 a C) e do asasinato dos seus xefes principais. Xenofonte chegou a ser estratega e conseguiu a retirada dos gregos en Trapezunt (Trabzon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de aumento ou empeoramento dunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide isómero da nicotina presente na Nicotiana glauca e, sobre todo, na Anabasis aphylla (quenopodiácea do Turquestán e da rexión do mar Caspio), planta da que se extrae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación angustiosa de carácter intermitente que priva de camiñar a algúns neurasténicos.

    VER O DETALLE DO TERMO