"Anacre" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Vigo. As súas armas levan, sobre campo de goles, un anaco de nácara da súa cor natural. Outros apelidos relacionados con esta caste son Nacre e Anacrado.
-
PERSOEIRO
Poeta grego, fillo de Skitines de Teos. Coa súa poesía, da que quedan fragmentos moi breves, traslada a dominio xónico a lírica monódica eólica. Odiou a guerra e cantoulle ao viño e ao amor tanto homosexual como heterosexual. A súa obra lírica foi traducida ao galego por Florencio Vaamonde Lores (Odas, 1897). Un poema foi traducido por J. Pérez Ballesteros en 1911.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de sesenta e dúas odas breves editadas en 1554 polo francés H. Estienne e atribuídas erroneamente a Anacreonte. Tiveron grande influencia durante o Renacemento e foron escritas no período comprendido entre a época alexandrina e os primeiros séculos despois de Cristo.
-
-
-
Ó xeito de Anacreonte.
-
Na poesía grega e latina, dise de diversos metros, usados por Anacreonte, especialmente o dímetro iámbico cataléctico e o dímetro xónico con anaclase.
-
-
Composición poética de metro curto, polo xeral heptasílabo, de extensión breve na que o poeta canta con ton enxeñoso e irónico aos praceres da vida e dos sentidos cunha simboloxía literaria de orixe pastoral. As obras deste autor influíron en autores como Teócrito, Catulo e Horacio. O xénero foi representado no Renacemento e coa publicación das Anacreónticas (1554) iniciou unha tradición que callou especialmente na literatura románica. O momento culminante do xénero produciuse no s XVIII con Cadalso, Juan Pablo Forner, e Meléndez Valdés, entre outros.
-