"Anadía" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Nome de recente introdución procedente do topónimo portugués Anadía, terra do investigador da lírica medieval galego-portuguesa Manuel Rodrigues Lapa. Etimoloxicamente este antropónimo parece derivar de aqua nativa ‘auga orixinal’. A auga é símbolo de vida e de pureza, de aí o uso da auga bendita no bautismo; ademais a auga rexenera, fertiliza e vence o lume. Tradicionalmente, fontes e pozos son lugares de alegría e asombro onde acontecen encontros importantes (como os encontros dos namorados das cantigas de amigo), por iso se lle pide a auga a Deus e aos santos. En Galicia hai tres tipos de augas: a auga bendita que se recolle na igrexa o Sábado Santo para bendicir as casas e arredar o demo; as augas santas de fontes milagreiras, usadas contra as enfermidades; e, finalmente, a auga do ceo recollida dos corgos dos penedos ou das flores que, segundo a crenza popular, pecha as feridas, cura os ollos enfermos e fai felices as mozas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da rexión das chairas interiores dos EE UU, afluente do río Arkansas (1.544 Km). Nace en Sangre de Cristo Range, nas Rochosas meridionais, estado de Novo México, e atravesa os estados de Texas e Oklahoma. É de réxime pluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU, afluente do Canadian River pola esquerda (1.356 km). Nace no altiplano de Novo México. Atravesa o estado de Oklahoma e a cidade de Oklahoma City.

    VER O DETALLE DO TERMO