"Anjou" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia de Francia que foi máis unha unidade política ca xeográfica. As súas fronteiras coinciden aproximadamente coas do actual departamento do Maine e Loira. O territorio de Anjou estaba poboado polos celtas anxevinos no momento da ocupación romana. No s IX apareceu o condado de Anjou en loita contra os normandos. Entre os seus primeiros condes sobresaíu Jofre Plantagenet, que casou con Matilde de Inglaterra. O fillo de ambos, Enrique II Plantagenet, Rei de Inglaterra, uniu Anjou á coroa inglesa e, deste xeito, o condado pasou a formar parte dun vasto imperio que comprendía Inglaterra, Normandía, Bretaña, Aquitania e Gascuña. En 1203 foi confiscado e unido á coroa francesa á que non habería pertencer de forma definitiva ata 1481, durante o reinado de Luís XI de Francia. As guerras de relixión que tiveron lugar en Francia entre os anos 1560 e 1590 devastaron practicamente Anjou. En 1793 converteuse no escenario da contrarrevolución da Vendée. Anjou constituíu ata a Revolución...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 870 a Ingelger (morto no 888), fundador da primeira dinastía anxevina, da que saíron os Plantagenet que reinaron en Inglaterra. O conde Foulques V foi Rei de Xerusalén (1131), o seu fillo Godofredo V casou con Matilde, filla do Rei inglés, e foron pais de Enrique II de Inglaterra. En 1203 o Rei de Francia confiscoulles Anjou aos ingleses anexionándoo á súa coroa. Luís VIII de Francia deixoullo en testamento ao seu fillo Carlos, fundador da segunda dinastía anxevina, quen, en 1246, adquiriu o condado de Provenza ao casar coa condesa Beatriz e ocupou o reino de Nápoles e Sicilia (1266). A súa política italiana enfrontouno coa coroa de Aragón porque Pedro o Grande aspiraba a herdar Sicilia a través dos dereitos da súa muller Constanza. Como consecuencia das alianzas matrimoniais, xurdiron desta segunda dinastía de Anjou as ramas dos reis de Nápoles e condes de Provenza, extinguida en 1382; a dos reis de Hungría e Polonia, fundada por Carlos Martel;...
-
DUCADOS
Título dado por Xoán II de Francia en 1384 sobre o antigo condado de Anjou ao seu fillo Luís, Rei de Nápoles (1382-1384) e fundador da terceira dinastía anxevina. O ducado foi propiedade dos reis de Nápoles ata 1480, cando á morte de Renato II pasou definitivamente á coroa de Francia baixo o reinado de Luís XI (1481). A partir dese momento, case sempre levaron ese título, de xeito honorífico, os membros da casa real francesa: Francisco Hércules, duque de Alençon e fillo de Enrique II de Francia, Enrique III de Francia, Filipe V de España e, entre outros, Luís XVIII de Francia. Logo da morte do conde de Chambord (1883), algúns dos pretendentes carlistas españois atribuíronse ese título. Dende 1946, o infante Xaime, fillo de Afonso XIII de España, fixo valer os seus dereitos sobre o ducado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ndzouani.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos I de Nápoles.
-
PERSOEIRO
Duque de Alençon e de Anjou, quinto fillo de Enrique II de Francia e de Caterina de Medici. Tamén coñecido como Francisco Hércules d’Anjou, converteuse en 1574 en lugartenente xeneral dos exércitos franceses, polo que se enfrontou aos hugonotes nas Guerras de Relixión e aos españois nas Guerras de Flandres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei titular de Nápoles (1382-1384) e conde de Provenza (1382-1384), fillo de Xoán II de Francia. Durante a minoría de idade do seu sobriño Carlos VI de Francia, exerceu a rexencia. Investido como rei de Nápoles polo Papa Clemente VII, intentou derrotar a Carlos III de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (titular entre 1386-1389 e 1400-1417 e efectivo entre 1389 e 1400), conde de Provenza, duque de Anjou e de Maine (1384-1417) e fillo de Luís I de Anjou. Durante a súa minoría de idade, ocupou a rexencia a súa nai María de Blois. En 1390 casou con Violante de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei titular de Nápoles (1417-1434), conde de Provenza e duque de Anjou (1417-1434), fillo e sucesor de Luís II de Anjou. Aínda que foi apoiado por un grupo anxevino para a consecución dos seus dereitos en Nápoles, Afonso V de Aragón e os seus partidarios impediron o seu triunfo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Pont-à-Mousson 1430 - Dampierre, Anjou 25.8.1482) Raíña de Inglaterra, filla de Renato I, rei titular de Nápoles, e de Isabel de Lorena. Casou en 1445 con Enrique VI de Inglaterra e fíxose gobernadora efectiva do reino. A súa política provocou a Guerra das Dúas Rosas. Foi derrotada definitivamente en Tewkesbury en 1471.
-
PERSOEIRO
Raíña de Xerusalén (1186-1190), filla de Amalrico I de Xerusalén e nai do futuro Balduíno IV de Xerusalén (1185). Obtivo a Coroa de Xerusalén ao casar, en segundas nupcias, con Guido I de Xerusalén (180).
VER O DETALLE DO TERMO