"Ariane" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Foguete espacial lanzasatélites construído en 1973 como resultado dunha iniciativa francesa, coa colaboración de dez estados europeos dentro do marco da Axencia Espacial Europea (ESA, European Space Agency), e baixo a dirección técnica do Centre National d’Études Spatiales francés. Desde 1980, a comercialización diríxea a sociedade Arianespace, da que son accionistas as empresas españolas CASA, CRISA e SENER, cunha participación do 2’47%; en total, unhas 40 compañías europeas están comprometidas no seu desenvolvemento e construción. Todos os lanzamentos efectúanse desde o centro espacial de Kourou, na Güiana Francesa, que conta con varias rampas de lanzamento. O proxecto, que substituíu ao dos lanzadores Europa, tiña desde o principio o obxectivo de dispoñer dun foguete europeo que permitise situar en órbita satélites de uso comercial ou científico, especialmente destinados ás telecomunicacións a baixo custo e competindo coas lanzadeiras espaciais norteamericanas. O modelo pioneiro, o Ariane-1,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima francesa, creada en 1980, constituída por un conxunto de trinta e oito industrias aeronáuticas europeas, polo Centre National d’Etudes Spatiales francés (que retivo o 59%) e por un grupo de trece bancos. O seu obxectivo é o financiamento, a comercialización e o lanzamento do foguete Ariane, aínda que a European Space Agency conserva a responsabilidade sobre o Ariane-5.

    VER O DETALLE DO TERMO