"Armero" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria do val de Valdivieso, en Burgos. Espallouse por La Rioja, de onde procede a rama que se asentou en Galicia. Os Armero galegos levan, en campo de azul, un castelo de pedra aclarado de goles e, nacente da torre da homenaxe, un guerreiro armado de medio corpo arriba cunha espada espida de goles, na man destra, e unha rodela, na sinistra; bordo de goles, con oito bezantes de ouro.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Participou na Guerra Carlista no bando isabelino, destacándose no sitio de Bilbao. En 1838 iniciou a súa carreira política como deputado electo por Sevilla. En 1844-1846 ocupou o ministerio da Mariña nos gobernos de Narváez e Istúriz, e a vicepresidencia do Senado entre 1852-1853. En outubro de 1857 asumiu o goberno, manténdose ata xaneiro de 1858.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Foi profesor de Matemáticas no Colexio Militar de Santiago de Compostela, mariscal de campo, deputado, senador e inspector de carabineiros. Escribiu Voto particular sobre la dotación de culto y clero; así mesmo, publicou o Discurso en sustentación del mismo voto (1840).
VER O DETALLE DO TERMO