"Asperg" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Grupo alemán do Hallstatt final caracterizado por ricas sepulturas tumulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos da clase dos bivalvos que teñen a cuncha alongada en forma de tubo. O extremo superior do mesmo está tapado por unha lámina perforada. Viven soterrados perpendicularmente no fondo da area. Son propios dos mares cálidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mofos da subdivisión ascomicotina, de coloración diversa, con conidióforos de extremo globuloso, cuberto de fiálides que producen rosarios de conidiósporas. Abundan sobre materias orgánicas en descomposición e son produtores de aflatoxinas. Hainos que son parasitos de animais como o A. fumigatus, causante da asperxilose. Outras especies úsanse na elaboración de bebidas alcólicas a base de arroz como o sake, na produción de salsa de soia e na industria queixeira. Pola facilidade do seu cultivo puro e do seu ciclo de vida curto empregáronse como material en investigación xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO