"Bíber" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Glaciación terciaria, de comezo mal definido, que remata aproximadamente hai 2,1 M a. Esta glaciación, que se recoñece estratigraficamente nos Alpes, identifícase a través do rexistro polínico subártico propio do Pretiglense, que se caracteriza pola forte presenza de herbas anemófilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista austríaco. Traballou na corte do arcebispo de Salzburgo e despois en Múnic. Foi un dos principais virtuosos do seu tempo no uso das dobres cordas e do procedemento coñecido como scordatura, é dicir, un afinamento distinto para os instrumentos de corda. A súa obra caracterizouse polo gusto pola arte da variación e ornamentación, amais dunha certa preferencia pola música descritiva e de programa. É autor dunha colección de 16 sonatas e das coleccións Fidicinium sacro-profanum e Harmonia artificiosa-ariosa, publicada postumamente, así como de dúas óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade indíxena galega. Recibe tamén o nome de Lari Deo. Aparece esculpida nos relevos dos altares de Donón, onde se cre que se atopaba un santiario dedicado a esta divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de teatro, guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Realizou Salt of the Earth (A sal da Terra, 1953), unha defensa política en favor do sindicalismo que truncou a súa carreira cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente, de vidro, plástico ou porcelana, de formas diferentes e dunha capacidade aproximada de 250 ml, que leva unha mamadeira, xeralmente de goma elástica, para o amamantamento artificial das crías dos mamíferos.

    2. Leite que contén ese recipiente e que toman as crías dos mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO