"Barja" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Barxa, variante de Barcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou Filosofía e Letras e foi profesor nos EE UU, especializado na Literatura española, publicando varios volumes dun estudo sobre este tema. No eido da poesía publicou Otoñales e Rosas místicas (1912). En colaboración con Alberto Jardón, realizou a tradución da obra de Víctor Catherein, Filosofía del Derecho. Derecho Natural Positivo. Sobre a literatura galega, á parte dunha conferencia sobre Rosalía, publicada en Nova York no ano 1923 co título de Rosalía de Castro, deu ao prelo En torno al lirismo gallego del siglo XIX (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Comandante do Estado Maior, fundou a Bandera Legionaria Gallega de Falange Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Á idade de 8 anos comezou os seus estudios musicais en El Espino (Burgos). En 1951 ingresou na Congregación de PP Redentoristas, dando comezo á súa actividade como compositor de música coral, xénero que chegou a abarcar máis da metade da súa extensa obra, que aglutinou uns 500 títulos. A partir de 1978 intensificou a súa actividade musical: compuxo música para órgano, piano, orquestra de cámara e sinfónica, música para nenos, e harmonizou innumerables melodías galegas e non galegas, como a célebre Alfonsina y el mar, entre outras. Impartiu Formas Musicais, Harmonía e Conxunto Coral no conservatorio de León e dirixiu a Capilla Clásica de León (1972-1987), coa que chegou a dar uns 200 concertos. Entre as súas composicións destacan: Campanas de Bastabales (1954), Diálogos (1972), Canticum (1974), Retablo (1976) e Cantos de noche alta (1982). Recibiu numerosos premios, entre os que cómpre destacar o Premio Nacional de Composición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Licenciada en Filoloxía Hispánica, principiou a súa actividade teatral no grupo Captatio Benevolentiae da Universidade de Santiago de Compostela. A súa traxectoria está ligada ao Centro Dramático Galego, participando nos espectáculos A Lagarada (1992), Historia do soldado (1993), Nin me abandonarás nunca (1995), Viaxe e fin de Don Frontán (1995), Nau de amores (1995), Hostia (1996), Valle-Inclán 98 (1998) e Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia (1999). En 1998 tamén participou no espectáculo Amor de Don Perlimplín, producido por Teatro do Atlántico. En televisión participou nas series Rías Baixas, Galicia Express, Fíos, Maridos e mulleres e Matalobos. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e investigador. Doutor en Xeografía pola Universidad de Madrid, foi catedrático de Xeografía na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia Galega de Ciencias, ao Consello da Cultura Galega e ao Instituto Galaico-Minhoto. Coordinador do proxecto Galicia Xeografía de Hércules de Ediciones, das súas obras destacan Bibliografía económica de Galicia (1960), Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de EGB (1980), Didáctica da Xeografía (1981), Cartografía Xurisdicional de Galicia no século XVIII (1990), Os ríos galegos. Morfoloxía e réxime (1992), Estudios de xeografía de Galicia (1995) e Galicia, esa descoñecida (1999). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1996) e o Premio das Artes e das Letras de Galicia (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO