"Baus" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • RIOS

    Río afluente pola esquerda do Batán, da conca do Masma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina, coreógrafa e directora de escena, máis coñecida como Pina Bausch. Formouse en Alemaña e EE UU, e iniciou no seu país a súa carreira artística que vai desde unhas primeiras producións nas que segue o canon da danza clásica, ata aqueles traballos como Kontakthof (1978) ou Café Müller (1979) nos que transgride substancialmente os códigos tradicionais na procura dunha nova concepción dramatúrxica da danza e na formulación dos principios básicos do movemento que se coñecería como ‘teatro danza’. En 1973 creou o Tanztheater Wüppertal, grupo co que desenvolveu un tipo de representación escénica con elementos expresivos coreográficos e teatrais, nos que mestura disciplinas diversas como o teatro, o canto, o mimo ou o vídeo. Entre as súas escenificacións cómpre salientar, ademais, Bandoneon (1980), Walzer (1982) e Tanzabend (1984). Unha síntese entre artes escénicas é o que Pina Bausch constrúe a partir do Minimalismo, do Expresionismo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro formado en Barcelona en 1979. Defínese como un grupo urbano que busca o espazo escénico fóra do ámbito tradicional. Os seus espectáculos buscan a provocación do espectador, o impacto a través de diversas sensacións (medo, agresión, angustia, sorpresa, etc). Os espectáculos máis destacados da primeira etapa foron Accions (1984), Suz/ o /Suz (1985) e Tier Mon (1988). Co espectáculo Noun (1990), o grupo introduciu elementos novos, como a presenza de actrices e a utilización do vídeo. Na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) presentou un novo espectáculo baseado no mito de Hércules. En 1994 o grupo estreou M.T.M., unha denuncia da manipulación da información. Posteriormente preparou BOM, un proxecto de celebración en vinte e catro cidades do final do milenio. No ano 2002 realizou a montaxe ATA 25 no xacemento arqueolóxico de Atapuerca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. O seu teatro é de carácter realista, cun sentido moralizante e didáctico, aínda que algunhas das súas primeiras obras teñen trazos románticos, como Ángela (1851), inspirada en Schiller. Cultivou tamén o teatro de tese e de costumes, como en La bola de nieve (1856) e Los hombres de bien (1870). A súa obra capital é Un drama nuevo (1867), ambientada na Inglaterra de Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO