"Beagle" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Navío construído en 1820 pertencente ao tipo corveta bergantín de 235 t con dez canóns, que realizou tres expedicións de inspección, das que a máis coñecida é a segunda. Esa viaxe (Devenport 27.12.1831-Falmouth 2.10.1836), que estivo capitaneada por FitzRoy, tiña como misión levantar mapas de navegación da costa da Patagonia e de Tierra del Fuego e, seguidamente, dar a volta ao mundo. Como naturalista viaxaba a bordo Charles Darwin, quen preparou numerosas mostras e recolleu abundantes datos que lle servirían posteriormente como fundamento para elaborar a súa teoría da evolución, publicada no ano 1859.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal de Tierra del Fuego, situado no extremo meridional de América, que se estende dende a baía Cook, ao O, ata a baía Aguirre, ao L, e separa a Isla Grande de Tierra del Fuego, que queda ao N, das illas Navarino e Hoste.
-
GOLFOS
Golfo do litoral occidental do Territorio do Norte, Australia, situado ao S das illas Bathurst e Melville, en augas do mar de Timor.
VER O DETALLE DO TERMO