"Begoña" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • GALICIA

    Museóloga no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón (A Coruña). É doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.A súa labor céntrase na investigación do patrimonio arquitectónico popular de Galicia, sobre todo os hórreos e os muíños. Publicou os seguintes traballos: As construcións populares: un tema de Etnografía en Galicia (1983), Camiños, pasos e pontes (1989), Muíños de marés e de vento en Galicia (1991) e Os muíños (2000). Así mesmo, é colaboradora habitual de revistas especializadas como Verba, Gallaecia, ou Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do eúscaro Beg-oin-a ‘lugar do outeiro dominante’; concretamente, a cuíña cercana a Bilbao onde está o santuario dedicado á Nosa Señora de Begoña, erixido no s XVI. A festividade de Begoña celébrase o 15 de agosto ou o 11 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Vinculada á compañía Sarabela desde a súa creación, participou en diversos espectáculos do colectivo e desenvolveu e coordinou diversas actividades de formación e divulgación teatral. Como dramaturga, participou na tradución e adaptación de textos como Xacobe ou a sumisión, de Ionesco, Madame de Sade, de Mishima ou A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. É coautora das obras Afección, Tics e Os soños de Caín, realizados por Sarabela Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO