"Belém" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Barrio do sector occidental da cidade de Lisboa, á beira do río Tejo. É un dos barrios históricos da capital portuguesa e posúe algúns dos seus monumentos máis emblemáticos, como o Mosteiro dos Jerónimos, a Torre de Belém e o monumento ao Rei Enrique o Navegante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Pará (Brasil) situada entre o río Pará e o Belém, un dos brazos do Amazonas, chamada tamén Nossa Senhora de Belém do Pará ou Pará (1.144.312 h [1996]). É o principal núcleo industrial (estaleiros, serradoiros, cementeiras, industrias alimentarias, etc) e comercial do Brasil setentrional. Ademais, é un importante nó de comunicacións por terra (ferrocarril) e ten porto e aeroporto internacional. A cidade desenvolveuse ao redor do porto, fundado polos portugueses en 1616. A exportación do caucho impulsou o seu crecemento dende a segunda metade do s XIX. É sede da Universidade do Pará, onde se desenvolve unha importante investigación agropecuaria. Así mesmo, ten unha intensa actividade cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os moluscos fósiles da familia dos belemnítidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo xénero de moluscos cefalópodos fósiles do Mesozoico, que foi dividido en númerosos xéneros novos, incluídos todos na familia dos belemnítidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos belemnitas.

    2. Que contén belemnitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco fósil da familia dos belemnítidos.

    2. Familia de moluscos cefalópodos propios de Mesozoico, dos que se coñecen fósiles da cuncha interna en forma de punta de frecha.

    VER O DETALLE DO TERMO