"Belfast" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital de Irlanda do Norte, Reino Unido, situada na desembocadura do río Lagan (322.600 h [1983]). Esténdese á saída dun val onde conflúen os camiños de acceso ao interior do Ulster. A cidade divídese en sectores segregados de barriadas para protestantes (70% da poboación) e católicos (30%), como consecuencia dos enfrontamentos da segunda metade do s XIX. O núcleo primitivo da cidade foi un castelo construído no 1177. As terras foron tomadas a comezos do s XVII por Arthur Chichester, que as poboou de novo con colonos procedentes do condado de Devon, no SO de Inglaterra. A cidade desenvolveuse a partir do s XVIII, cando se instalaron as primeiras industrias algodoeiras, que se impuxeron á tradicional de tecidos de liño; proseguiu o seu crecemento durante o s XIX, trala apertura dos primeiros estaleiros. En 1923, trala independencia do S da illa, converteuse na capital de Irlanda do Norte. A liorta entre protestantes e católicos, latente durante moitos anos, estoupou violentamente no 1969;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte, Gran Bretaña (115 km2; 600.600 h [estim 1988]). A capital é Belfast.

    VER O DETALLE DO TERMO